Emigrantes retornados de Venezuela protestan contra o desamparo

Esta semana reclamaranlle desde Vigo ao Goberno o acceso a axudas. Aínda que cobrasen, a pesión sería de 9 euros.


|

Pensionistas venezuela vigo

Imaxe dunha protesta anterior. Foto: @APEJUVEG Facebook


Integrantes da 'Asociación de pensionados e xubilados de Venezuela en Galicia' manifestaranse este martes 13 de febreiro en Vigo para solicitarlle ao goberno a posibilidade de ter acceso a axudas, ante a falta de pagamento das pensións que terían que percibir do país suramericano.


O colectivo, que denuncia "inxustiza e desprotección" do goberno español, manifestarase fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Vigo ás 11,30 do martes.


A asociación critica que aos seus integrantes se lles deneguen as axudas por "ter recoñecida unha pensión de Venezuela", que aseguran que non perciben desde hai dous anos, e que a día de hoxe, se a recibisen, sería de 9 euros "debido á desvalorización da moeda venezolana".


A Asociación solicita así cobertura para persoas que "roldan os 70, 80 e 90 anos", que regresan a España despois de emigrar a Venezuela e que teñen "que acudir aos tribunais para que lles recoñezan os seus dereitos para recibir axudas e pensións españolas".


relacionada Case dous millóns en axudas aos galegos residentes en Venezuela
relacionada Venezuela agarda pagarlle en decembro aos pensionistas galegos
relacionada Emigración visita Venezuela para ver as necesidades de "galegos en dificultades"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE