​O partido de Puigdemont solicita cambiar a lei para investilo a distancia

|

Puigdemont pantalla


JxCat levou este venres ao rexistro do Parlament unha proposta para modificar a Lei da Presidencia da Generalitat e así poder investir a distancia a Puigdemont.


A iniciativa foi presentada en solitario, coa petición á Mesa do Parlament de que se tramite polo procedemento de máxima urxencia que a Cámara contempla para aprobar unha norma.


Este movemento chega só dous días despois de que ERC advertise de que a ven dificilmente viable porque sería impugnada de forma inmediata ante o Tribunal Constitucional (TC) e abriría un novo contencioso co Estado.


Catalunyapress ten máis detalles desta última manobra.

O ÚNICO CANDIDATO


Mentres, o presidente do Parlament, Roger Torrent, reiterou nunha entrevista con The Guardian, que Puigdemont é "o único candidato" a presidir a Generalitat.


"Foi proposto por unha maioría parlamentaria nunha democracia parlamentaria. O candidato que propuxo o debate de investidura é o mesmo que conta co apoio maioritario dos deputados da cámara", argumenta.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada ​A investidura de Puigdemont, máis preto, segundo os independentistas
relacionada ​O independentismo catalán, dividido, busca "a fórmula" para unha investidura

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress