A alerta por seca en Galicia continúa só no río Limia, o Sil baixo e o Cabe
O resto de zonas das concas hidrográficas galegas regresan á situación de prealerta.
Todas as zonas nas que se dividen as concas hidrográficas de Galicia saíron xa da alerta por seca e atópanse en situación de prealerta, salvo as dos ríos Limia, Sil baixo e Cabe.
Diso informaron os responsables de Augas de Galicia (competente na demarcación Galicia-Costa) e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao termo de senllas reunións das súas oficinas técnicas pola seca.
Ata este venres, 12 dos 19 sistemas nos que ten competencia a Xunta estaban en prealerta e o resto en alerta.
A Oficina Técnica da Seca avaliou este venres a situación dos encoros e as concas dos ríos. En concreto, Roberto Rodríguez, director de Augas de Galicia, indicou que os encoros están "nun índice de normalidade, incluso un pouco máis que a media do últimos cinco anos".
Con todo, a conselleira insistiu en que, xunto aos encoros, hai que avaliar a situación da conca dos ríos. Por iso, fixo de novo un chamamento a un consumo "responsable" da auga.
Escribe o teu comentario