​Os produtores de mel reclaman que as etiquetas revelen a súa procedencia

A Plataforma Etiquetado Claro, formada por 30 entidades, presentou unha petición no Congreso.


|

Mel


A Plataforma Etiquetado Claro, que agrupa 30 entidades de apicultores de toda España, presentoulle unha petición ao Congreso dos Deputados na que solicita que as etiquetas do mel especifiquen "claramente a orixe"


Tal e como informan nun comunicado, igual que outros produtos agroalimentarios, "a lexislación actual non obriga a indicar a procedencia dos meles", o que provoca "desinformación entre os consumidores".


A Agrupación Apícola de Galicia, que forma parte desta plataforma, defende "a necesidade de establecer límites claros para que un mel poida reflectir na etiqueta o país de procedencia". E é que lembran que "en gran parte dos envases só aparece en letra moi pequena: mestura de meles orixinarios e non orixinarias da CE", sen especificar a porcentaxe.


Por tanto, o obxectivo da petición é "que non se utilicen pequenas cantidades dun determinado país ou da UE para darlle un sinal de calidade a un produto que non ten globalmente esas calidades". Neste sentido, subliñan que o modelo de produción europeo "prima a sanidade, seguridade alimentaria, medio ambiente e trazabilidade".


En cambio, "na maioría de mesturas de meles, estes son de procedencia chinesa, onde a seguridade alimentaria é máis laxa e a calidade do produto dubidosa".


Nesta liña, destacan que "a contraetiqueta Mel De Galicia garante o feito de estar ante un produto 100% galego e cunha calidade diferenciada, así como do cumprimento dunha guía de boas prácticas e dos requisitos de calidade reflectidos na Regulación". Subliñan, ademais, a proximidade do produto e que "o consumidor estará a colaborar cos apicultores galegos".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE