​A gasolina suma a súa sétima semana de subidas e mantense en máximos desde abril

|

Combustiblesgasolina



O prezo medio do litro de gasolina repuntou por sétima semana consecutiva, manténdose así en niveis máximos desde abril do ano pasado, segundo datos recolleitos por Europa Press a partir do Boletín Petroleiro da Unión Europea (UE).


En concreto, o prezo do litro de gasolina escalou ata os 1,256 euros, tras rexistrar esta semana unha lixeira subida do 0,052%. En Galicia, con todo, os prezos máis habituais pasan dos 1,30 euros, atopándose os valores máis frecuentes nunha pinza que vai dos 1,28 aos 1,33.


No caso do gasóleo, volveu dar un pequeno respiro ao encadear a súa segunda caída consecutiva (-0,06%). Así, o seu prezo situouse nos 1,162 euros, aínda que manténdose en máximos desde xullo de 2015. En Galicia, en cambio, é difícil atopar unha estación de servizo con prezos por baixo dos 1,21 euros por litro, situándose de forma habitual nos 1,24.


Este nivel estable nos prezos dos carburantes produciuse nunha semana marcada pola caída nos prezos do cru, que se afastou da cota dos 70 dólares por barril que tocou en xaneiro.


relacionada ​O prezo do gasóleo comeza o Nadal en máximos desde xullo de 2015
relacionada A Cámara galega únese e esixe medidas que frenen a subida de prezos do combustible
relacionada Este ano acabará cos carburantes un 8,5% máis caros en Galicia que o pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress