A DXT recomenda circular con precaución en Lugo nunha xornada de normalidade

A presenza de neve nas estradas obriga a extremar a precaución, aínda que esta xornada non hai vías en alerta e a circulación é fluída. 


|


Neve galicia frio


Lugo segue sendo o centro das miradas na central da DXT en Galicia, aínda que sen os riscos para a circulación das xornadas pasadas. O temporal de frío e neve volve deixar unha estampa invernal en toda a provincia lucense, onde a Dirección Xeral de Tráfico recomenda circular con precaución en diversas estradas provinciais e nacionais debido á presenza de neve, aínda que en estea día de transición entre dúas borrascas, a situación é de normalidade. Con todo, esta mañá, non hai ningunha vía restrinxida á circulación, aínda que poderían decretarse novas medidas ao longo algún tramo a medida que avance o día, a condición de que o temporal vaia a máis.


As autovías galegas afectadas o mércores pola neve, como a A-6 e A-8, este xoves non presentan incidencias. Con todo, hai nivel verde nalgunhas vías da provincia de Lugo, polo que se debe circular con precaución, e os camións e autobuses non deben adiantar. En concreto, trátase da LU-122 (entre os quilómetros 15 e 25) na Pastoriza; na LU-701 (do 0 ao 15) e a LU-530 (do 24 ao 37) na Fonsagrada; e a LU-124 (entre os quilómetros 0 e 15) en Mondoñedo. Tamén teñen nivel verde e recoméndase circular con precaución nas estradas nacionais N-547 (entre os quilómetros 19 e 42) en Guntín e a N-VI (do 432 ao 546) en Baralla.


Será a partir da noite cando empezo a chegar o nova fronte fría que deixará choiva e neve en toda a Comunidade Autónoma, ademais de alerta amarela por forte ondada no norte da Coruña e Lugo. As precipitacións comezarán esta mesma madrugada


En canto ás temperaturas, o frío polar manterase en Galicia durante algúns días máis. Manzaneda volveu a rexistrar o mínimo outra xornada máis, co mercurio nos -10ºC. Ourense segue sendo a provincia máis afectada pola onda de frío, onde algunhas localidades como A Veiga (-9,6ºC) e Carballeda de Valdeorras (-9,5ºC) marcan record nos seus termómetros. 

relacionada A A-6 está en “nivel vermello” por neve en varios tramos, obrigando a circular con cadeas
relacionada Dúas estradas lucenses permanecen cortadas nunha xornada de frío en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE