​A executiva local do PSOE rexeita acusacións de "fraude electoral"

|

Antonio golpe sestayo ferrolAntonio Golpe, con Beatriz Sestayo.

O portavoz da executiva do PSdG-PSOE en Ferrol, Antonio Golpe, acusou a Ángel Mato de "levantar unha polémica onde non existe absolutamente nada" e pediulle ao senador que "non lle faga dano ao partido".


"O que buscamos é escapar dese xogo, e por iso non hai posibilidade de variar este resultado". Así o sinalou, en rolda de prensa, en alusión á intención deste militante e dos seus compañeiros de candidatura de impugnar a asemblea extraordinaria na que Beatriz Sestayo foi reelixida secretaria xeral na cidade, o pasado 30 de xaneiro, por un só voto de diferenza.


"Hai un reconto, que é de 96 votos a 95, pódelle molestar a alguén, pero unha vez que falan os militantes hai que esixir un respecto ao que elixiron por maioría, onde os cargos públicos deben de ser moito máis responsables aínda e non verter ao exterior de que no Partido Socialista se fan trampas ou cometen irregularidades, algo que é falso", incidiu.


Tamén presente no acto, o secretario de Organización, Luís Cobelo, asegurou "todos os compañeiros que estaban na asemblea e estaban no censo permitíuselles votar", en alusión ás afirmacións de que a un dos integrantes da candidatura lidera por Ángel Mato prohibíraselle.


Por iso, recalcou que "a mesa foi en todo momento limpa, clara e transparente", e considerou "grave" que un cargo público se dedique a sementar dúbidas de "fraude electoral" e ou de que "se puido meter os votos na urna". "Non consentiremos que veña poñer pedras e cambadelas".


relacionada ​"Nin impugnación nin queixa algunha" polas votacións do PSOE ferrolán
relacionada Un voto de diferenza mantén a Betriz Sestayo como secretaria xeral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress