​Oleiros rexistra un terremoto de magnitude tres

O tremor produciuse pasadas as catro da tarde, pero apenas se chegou a sentir nin provocou incidencias.


|

Terremoto 3


Os sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional rexistraron un terremoto de magnitude tres na escala de Ritcher no concello de Oleiros.


O tremor, que se produciu ao redor das 16,06 horas, rexistrouse a uns 11 quilómetros de profundidade, aínda que practicamente non foi percibido nin provocou incidencias, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Local e de Protección Civil.


En concreto, sinalaron que non recibiron ningunha chamada alertando da existencia dun tremor ou de veciños que lles comunicasen que notaran algún problema orixinado por esta causa.


relacionada Escairón rexistrou un terremoto de 2,2 graos
relacionada Laza rexistra un terremoto de 3,1 graos na escala de Richter
relacionada Cúmprense 20 anos do maior terremoto da historia de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE