O Goberno identifica os 165 proxectos adxudicados na primeira poxa de renovables de 2017

Esta primeira poxa saldouse coa adxudicación de 3.000 MW de instalacións renovables 


|


Energia renovable


O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital identificou todos os proxectos concretos que foron adxudicados na primeira poxa de renovables, celebrada en maio de 2017, e que ascenden a un total de 165, repartidos en 12 comunidades autónomas, 24 deles en Galicia.


Esta primeira poxa saldouse coa adxudicación de 3.000 MW de instalacións renovables, o máximo previsto, e sen custo para o consumidor eléctrico no escenario de prezos medios de referencia.


Unha vez adxudicada a poxa, os promotores tiñan un prazo para identificar os proxectos concretos a realizar. Trascurrido o prazo, identificáronse un total de 165 proxectos concretos, eólicos (na súa gran maioría), fotovoltaicos e doutras tecnoloxías (hidráulica, biogás ou biolíquidos e solar termoeléctrica), e que corresponden a un total de 22 promotores.


Os 165 proxectos identificados localízanse en 12 comunidades autónomas. Aragón, con 80 proxectos, copa o 48,4%. Séguenlle Galicia (25), Castela e León (20), Andalucía (9), Navarra (5), Cataluña (5), Murcia (4), País Vasco (1), Estremadura (1), Madrid (1) e Asturias (1).


As solicitudes presentadas nesta primeira poxa superaron en máis de tres veces a potencia adxudicada, confirmando así o interese dos investidores polo sector das enerxías renovables en España. Esta situación levou ao Goberno para celebrar unha segunda poxa en xullo do ano pasado onde se adxudicaron outros 5.000 MW renovables, cuxos proxectos concretos están tamén sendo identificados.


Trátase pois dun total de 8.000 MW de nova potencia renovable, que estará en funcionamento antes de 2020 e contribuirá a mellorar a competencia no mercado eléctrico e reducir a dependencia enerxética do exterior, destaca o Ministerio que encabeza Álvaro Nadal.


Esta nova potencia supón un paso decisivo para a consecución do obxectivo do 20% de renovables no 2020. Neste sentido, España atópase actualmente por encima da senda prevista de penetración de renovables, ao situarse en 2016 un 17,4%.

relacionada ​Gas Natural e Endesa realizan a primeira compravenda de enerxía con tecnoloxía blockchain
relacionada ​A ONCE investirá en Galicia 4 millóns en 2 anos coa empregabilidade entre as súas metas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE