​Isabel Coixet levará ao cinema a historia de 'Elisa e Marcela'

Contará a historia real das dúas mulleres homosexuais galegas que casaron a principios do século XX.


|

Marcela e Elisa


Isabel Coixet comezará o próximo mes de maio a rodaxe de 'Elisa e Marcela', na que narrará a historia real de dúas mulleres homosexuais galegas que contraeron matrimonio a principios do século XX, segundo recolle Europa Press da web 'El cinéfilo'.


Coixet, galardoada na recente gala dos Premios Goya cos premios a Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guion Adaptado por 'La librería', contará nesta ocasión con María Valverde e Natalia de Molina como protagonistas da historia de amor destas dúas mulleres galegas.


Está previsto que a película se estree primeiro nos cinemas e posteriormente en Netflix, segundo sinalaron a Europa Press fontes da plataforma, de maneira que seguirá o camiño inverso ao de 'Fe de etarras', de Borja Cobeaga, que se estreou primeiro na dita plataforma e logo chegou ás salas.


Segundo recolle Europa Press de 'La voz de Galicia', que en 1901 publicou a historia, Elisa fíxose pasar por home (Mario) para poder bautizarse e posteriormente contraer matrimonio con Marcela na igrexa. Despois, cando o caso foi descuberto e se converteu en portada de varios xornais nacionais, fuxiron ao Porto.


relacionada O belén municipal acollerá ao primeiro matrimonio gai de España
relacionada O BNG lembra a Marcela e Elisa, as precursoras galegas do matrimonio homosexual

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE