​Gas Natural e Endesa realizan a primeira compravenda de enerxía con tecnoloxía blockchain

|

Gasn natural fenosa edificio


Gas Natural Fenosa e Endesa protagonizaron a primeira operación española de compravenda de enerxía empregando tecnoloxía blockchain, cunha transacción de 5,95 gigavatios hora (GWh) de gas natural, segundo informaron nun comunicado.


A operación tivo lugar durante a feira E-World que se celebra estes días na cidade alemá de Essen, tras varias transaccións de demostración realizadas o ano pasado.


O director comercial de Gas Natural Fenosa, David Guerra, e a subdirectora de Negocios Emerxentes, Susana Calvo, destacaron que esta operación se enmarca no compromiso da compañía coa innovación e que o blockchain é unha tecnoloxía que, "aínda que ten que superar algúns retos relevantes, ten o potencial de transformar moitos ámbitos da actividade das empresas enerxéticas, das cales os maiores beneficiados serán os clientes, tanto en prezo como en servizo".


Segue lendo en Catalunyapress.


relacionada Gas Natural Fenosa nomea presidente a Francisco Reynés en substitución de Isidre Fainé
relacionada Gas Natural Fenosa lanza Nedgia Galicia, a súa nova marca de distribución de gas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress