Lucas Boyé ven ao Celta "para xogar, non para especular"

|


Lucas boyu00e9

Fonte: RC Celta


Lucas Boyé, xogador arxentino procedente do Torino, chegou ao estadio de Balaídos durante esta mañá con ganas de incorporarse ao Celta e non defraudar á afección celeste no seu paso polo equipo ata final de tempada.


Para o dianteiro, co número 9 ás súas costas, formar parte do Celta supón todo “un desafío” infestado de grandes expectativas. “Veño con moitas ganas, espero que todo vaia ben”, explicaba durante a rolda de prensa tras ser presentado polo director Felipe Miñambres.


Miñambres viu en Lucas Boyé xusto o que “estabamos a buscar e o adestrador demandaba. Esperamos que mostre todas as súas cualidades, que son moitas, no Celta. Demostrou as ganas de xogar aquí e de vestir a camiseta do noso club.”


O xogador arxentino afronta con ilusión esta nova etapa na súa carreira futbolística, na que pretende “sumar, crecer como xogador e como persoa.” Confía no seu alto nivel de adaptación e versatilidade na posición de atacante, pero ante todo defende que achegará “onde me toque. Eu vin para xogar, non para especular”.

relacionada ​O Dépor fai oficial a chegada de Seedorf como novo adestrador
relacionada O ridículo en Anoeta fulmina a Parralo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress