​Dous detidos por agresións machistas esta fin de semana

Unha das mulleres negouse a denunciar á súa parella.


|

Policialocal 1


Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por senllos delitos de violencia de xénero a un home de 37 anos que agrediu á súa parella nunha cafetería, e a outro de 57 anos que ameazou e propinou unha patada á súa ex mujer.


Segundo informou a Policía Local, o primeiro destes feitos ocorreu sobre as 11,15 horas deste sábado nunha cafetería da Avenida de Gardía Barbón, onde varias testemuñas dixeron que un home que nese momento se afastaba cunha muller, a agredira pouco antes.


Os axentes déronlle alcance á parella e preguntáronlle polo sucedido, pero a muller, unha moza de 23 anos de idade que tiña un pómulo arroibado, negou que fora agredida e asegurou que unicamente estaban "a xogar".


Con todo, as testemuñas coincidiron en que a parella estaba no bar xogando nunha máquina comecartos cando o home, nacido en Madrid e de iniciais D. de P.S., agarrou a moza polo pelo e a parte traseira do pescozo e obrigouna a agacharse a recoller unhas moedas que caeran ao chan, tras o que lle pegou varios golpes na boca. Ante todo isto, procedeuse á súa detención.


Pola súa banda, o segundo home foi arrestado sobre as 19,40 horas do domingo nun domicilio da rúa Zaragoza, onde unha muller manifestou que o seu ex marido residía no mesmo edificio e a molestaba e ameazaba "de forma constante".


Neste marco, indicou que ese mesmo día o home, de iniciais G.I., presentouse novamente na súa vivenda, onde a ameazou de novo e propinoulle unha patada nunha perna. Ante iso, a muller tivo que ser trasladada a un centro asistencial e o home foi detido.


relacionada ​Un experto xudicial en violencia machista reclama dependencias "menos hostís"
relacionada ​A contorna das vítimas de violencia machista segue quedando calada
relacionada Un neno de seis anos alerta dunha agresión machista contra súa nai

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE