​Caballero pide unha reforma constitucional en clave municipalista

|

Abel cabaleiro medios"Nós cumprimos e eles non", reprocha Caballero.

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o socialista Abel Caballero, chamou a "pasar dos debates á acción" porque o municipalismo, a forma de ver os concellos, está "inmobilizado" desde os anos 70, o que uniu a que as comunidades autónomas vexan os municipios como un "contrapoder" e nunha estrita "clave política".


Caballero esixiu que a descentralización de competencias a favor dos municipios se mandate expresamente na Constitución, vía reforma, porque ou se fai así "ou non se fará nunca". Fíxoo este luns desde CentroCentro, onde participou nas II Xornadas de Descentralización e Reequilibrio Territorial, que colgaron o cartel de 'aforo completo'.


O rexedor de Vigo apuntou que a Xunta concibe a área metropolitana reclamada pola cidade de Vigo como "un contrapoder" e iso é "un erro" xa que se basea unicamente no criterio político.


MÁIS COMPETENCIAS


"O poder político non é un concepto municipal", aseverou, despois de reclamar máis competencias para os concellos, que son os que exercen de maneira directa os servizos aínda que as competencias residan nas autonomías.


Non quixo rematar a súa primeira intervención sen lanzar unha mensaxe ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. "Eles non cumpren e po riba rífannos. Nós cumprimos e eles non, esa é a nosa forza moral", indicou.


relacionada ​Xunta e municipios ven como un agravio a proposta de Montoro sobre a débeda autonómica
relacionada ​Montoro ábrese a perdoarlles ás comunidades créditos que Galicia apenas aproveitou
relacionada Montoro conxela 321 millóns de euros a Galicia como "chantaxe" para aprobar os Orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress