Iñigo de la Serna defende o veto do Congreso ao debate sobre o traspaso da AP-9 a Galicia

O ministro de Fomento considera que o debate non ten cabida na cámara mentres que anuncia o dialogo con outros partidos polo futuro doutras autoestradas. 


|

Feijoo rajoy delaserna

Feijóo, Rajoy e Iñigo de la Serna, de esquerda a dereita.


Iñigo de la Serna, ministro de Fomento, defendeu esta mañá durante unha entrevista o veto por parte do Goberno central ao traspaso da AP-9 a Galicia porque "é unha autoestrada que é da rede estatal e o estado ten que ter competencias". Con todo, o ministro tamén informou que buscará un acordo co PSOE e outras formacións políticas sobre o futuro das autoestradas no país con ocasión do próximo vencimiento do prazo de concesión dunha media ducia destas vías de pago, unha medida da que queda excluída a AP-9, cun contrato de concesión que se estende ata 2048.


Cun conciso "Así o establece a lei" o ministro resolveu o debate de traspasar a AP-9, un tema candente no Parlamento galego, aínda que de la Serna afirme que o goberno mantén as competencias "cun contacto e un diálogo permanente co territorio". O veto afecta á determinación que tomaron os grupos con representación no Parlamento galego (PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG) que aprobaron por unanimidade unha proposición de lei para debater no Congreso a transferencia da AP-9. Con todo, a Cámara Baixa, que preside a deputada do PP por Pontevedra Ana Pastor, a través da Mesa, asumiu a "desconformidade" do Goberno español e rexeitou que o pleno tomase en consideración esta iniciativa.


Por outra banda, Iñido de la Serna apuntou á existencia dunha comisión mixta "que toma decisións sobre a xestión" e que "serviu por exemplo para que se poidan asumir os gastos correspondentes a unha bonificación que estaba a levar a cabo a Xunta de Galicia", polos tramos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala. En canto ao tramo de Redondela, o ministro tamén insistiu en que é a mesma comisión a que está estudando as medidas que se poidan aplicar, despois de que a propia Xunta apoiase a supresión da peaxe nese tramo, aínda que advertindo que o gasto se compensaría na tarifa que se paga por circular no resto da autoestrada.


"Estamos a tomar decisións en coordinación coa Xunta pero a responsabilidade é nosa", profundou na súa resposta o titular de Fomento, para a continuación referirse a que "se chegou a pedir a liberalización da peaxe, como se pide tamén noutros lugares", e apuntar que isto "supón miles de millóns de euros". Sobre os outros lugares aos que se refire o ministro insiste en que a pesar de que “o pode tomar unha decisión unilateral”, o titular de Fomento considera que é mellor “compartila con outros grupos políticos" xa que é “unha decisión de futuro para España e debemos abordala entre todos”. 


De la Serna enmarcou o acordo sobre o futuro das autoestradas de peaxe no pacto de Estado de Infraestruturas que prevé promover para determinar as liñas básicas do país nesta materia máis "máis aló do horizonte temporal dunha Lexislatura". Fomento pretende lograr este acordo ante o feito de que a partir de finais deste ano comezará a concluír o período de concesión de varias autoestradas.


A primeira autoestrada que conclúe o seu prazo de concesión, o próximo mes de novembro, é a AP-1 Burgos-Armiñón, vía xestionada polo grupo Itínere. En 2019, está previsto que termine o prazo de concesión do tramo da AP-7 entre Tarragona e Alacante, e o do a AP-4 Sevilla-Cádiz, e xa en 2021 culmina a concesión do trazado que une Barcelona, con A Jonquera e Tarragona e o da AP-2 Zaragoza-Mediterráneo. A concesión de todas estas vías tena Abertis, actualmente obxecto dunha 'batalla' de OPAs entre ACS e Atlantia.

relacionada ​En Marea acusa a Feijóo de "exercer como xestor auxiliar" do "espolio de Audasa"
relacionada ​Fomento propón un pacto de Estado sobre autoestradas de peaxe que deixa fóra a AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE