Jesús Vázquez medita expor unha moción de confianza

|

Alcalde ourense


O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP), admitiu que estuda recorrer a unha cuestión de confianza para sacar adiante os orzamentos municipais. E é que o consistorio ourensán acumula xa catro anos sen renovar os orzamentos e o últimos catro exercicios traballou con prórrogas das contas de 2014.


Vázquez recoñeceu que o seu gabinete estuda recorrer á fórmula da moción de confianza, que faría que, en caso de cumprirse un mes sen que se presente unha alternativa de goberno, os orzamentos quedarían aprobados de facto. "É unha alternativa que hai, por suposto. Está esa opción e si, chegado o momento, habería que exercitala", apuntou o exconselleiro de Cultura.


Ademais, na entrevista, Jesús Vázquez sinalou que está disposto a repetir como candidato popular nas eleccións locais previstas para o próximo ano, aínda que admite que a decisión final corresponde ao seu partido.


"En todo caso, quen decide é o partido", apuntou, para logo subliñar que un proxecto político "non se pode terminar en catro anos", polo que espera repetir para poder dar continuidade ao mandato que concluirá na primavera de 2019. Así mesmo, sinalou que "é moi difícil" dirixir un municipio "en minoría" con "o actual sistema de oposición", polo que aposta por reformar a lei electoral para favorecer que goberne a lista máis votada.

relacionada Nace 'Salvar Ourense', a iniciativa do PSOE contra a crise demográfica e económica
relacionada A Deputación de Ourense farase “ cargo” dos Blancos os próximos dous anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress