Xunta

A Xunta recibe ofertas para mellorar estradas na Coruña

Búscase a mellora do firme pechando gretas e vertiendo cinco capas de aglomerado.

A Xunta contrata por 32 millóns a xestión integral da planta de envases lixeiros de Sogama

O contrato conta cunha duración inicial de tres anos, ampliable a cinco e cunha prórroga excepcional de nove meses.

A Xunta adianta o pago da RISGA antes de Nadal aos seus máis de 5.000 beneficiarios

En 2024 o orzamento destinado a Inclusión Social subirase até superar os 153 millóns de euros.

Bonos Axudas non Fogar da Xunta: 5.000 euros ao ano para dependentes e sen necesidade de trámites para o seu acceso

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg) critica o anuncio destas axudas que tachan de "medida puntual" que non solucionará as carencias do sector. 

'O Gran Camiño' "volveu para quedar" e contará de novo co apoio da Xunta

O evento deportivo, que volveu despois de varios anos sen celebrar, gozou dunha moi boa acollida desde o seu regreso. 

Orzamentos mentireiros na Sanidade Pública galega

A Sanidade Pública en Galicia queda á cola do Estado en investimento por habitante (1.727 euros por habitante no 2022: 43 euros por baixo da media estatal, só por diante de Madrid: que casualidade…). Con respecto á falta de persoal, verdadeiro problema da Sanidade Pública galega, sábese que 433 médicos e médicas de Atención Primaria superarán a idade de xubilación en 2023, o que supón máis do dobre das novas prazas ofertadas (200).

CIG, STEG e CSIF anuncian máis días de folga de profesores e un calendario de mobilizacións

Tras unha primeira xornada de folga o pasado 24 de outubro, cun seguimento que os sindicatos estimaron no 70% en secundaria, os convocantes endurecen a súa postura. 

CSIF e STEG participarán na folga na educación galega convocada pola CIG contra o acordo de cocientes

As tres organizacións lamentan que o acordo provocou unha "brecha enorme" entre as seis organizacións sindicais

Néstor Rego: "Un concerto como o vasco en Galicia? Para iso ten que haber un cambio político na Xunta"

Segunda parte da entrevista ao parlamentario nacionalista Néstor Rego (1962). Despois de conversar con Galiciapress sobre un posible pacto para investir a Sánchez ou a valoración do BNG ante unha hipotética Lei de Amnistía, Rego responde a preguntas de ámbito autonómico, como a posibilidade de que se produza un adianto das eleccións galegas, as opcions do BNG neses comicios ou a idoneidade de modificar o Estatuto de Autonomía. 

A Mesa reclama o cumprimento da Iniciativa Xabarín tras dous anos desde a súa aprobación

Mesa pola Normalización Lingüística esixiu o cumprimento da Iniciativa Xabarín (para a programación infantil e xuvenil en galego en televisión), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021.

Rey Varela, alcalde de Ferrol: "Non podemos apostar por un único sector; temos que aprender das crises pasadas"

José Manuel Rey Varela (Ferrol, 1975) regresou o pasado 28 de maio á alcaldía de Ferrol, a que lle arrebataron as mareas en 2015 e os socialistas en 2019, despois de dúas derrotas pola mínima. A súa maioría absoluta permite ao seu goberno alcanzar a "estabilidade" que perseguía. Prometeu que daría un xiro en 100 días para sentar as bases dun mandato que terá que compaxinar co seu papel no Senado, despois de ser elixido senador por designacón autonómica. Transcorridos eses 100 días, o rexedor entrever con Galiciapress para facer balance deste tempo á fronte da cidade. 

SERGAS indeminzará á familia da nena de 3 anos que morreu con E. coli cando lle diagnosticaron gastroenterite

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de Santiago de Compostela que condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 60.000 euros aos pais dunha nena de 3 anos que faleceu en 2016 na UCI pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) debido ás complicacións dunha síndrome urémica hemolítico (SUH), gastroenterite provocada por unha bacteria, en concreto, 'E. coli'.

 

 

Os sindicatos insisten na "xestión directa" do servizo de ambulancias, pero a Xunta nin o contempla

Os sindicatos reclaman acabar coas ambulancias low cost e lembran a Sanidade, "que é quen xestiona o servizo, quen organiza e quen o financia", o seu parte de responsabilidade no conflito. 

O Reve multiplícase coa I Edición do 'Revenidas Miúdo', que reúne ao 'Dream Team' da música infantil

Música para os máis pequenos e profesionais das artes escénicas serán a tónica do próximo domingo 16 de xullo no Monte do Gozo. 

Comparacións odiosas

Seguro que este investimento é “supernecesaria”, pero logo valoramos o orzamento en cousas do día a día, como ter Pediatra no concello (temos 201 municipios na Galicia sen Pediatría), ter un servizo de urxencias a unha distancia lóxica, ter un Psicólogo ou Psicóloga Clínica sen unha lista de espera interminable, ter un servizo de Matrona, ter o teu Médico de Cabeceira próximo e sen unhas esperas infinitas, poder asistir a unha consulta e non que teñas que dicir por teléfono o que che ocorre, etc...pois ben, neste contexto, sabemos que a Xunta de Galicia, paga á sanidade privada 611.000 euros…DIARIOS!

Galicia: un país ou un reino de taifas?

Unha cesión de soberanía obrigada polo minifundismo e a debilidade económica municipal. Velaí que ao PPdeG e a maioría dos partidos políticos galegos interéselles manter  esta estrutura provincial porque, a través das Deputacións, teñen o control político dunha parte moi importante dos concellos e do electorado.

SOS Sanidade Pública sae á rúa en defensa da Primaria e contra o acordo da Xunta con CESM

Reclama "cocientes reais" e que "non haxa listas de espera na Atención Primaria

SOS Sanidade Pública anuncia protestas para este 26 de abril en toda Galicia en defensa da Atención Primaria

O 26 de abril concentraranse nunha vintena de localidades galegas "en defensa da Atención Primaria pública" e en apoio á ILP

A 'Revolución dos Caraveis' dos estudantes galegos: protestas este 25 abril por un ensino "xusto, igualitario e 100% galego"

Os alumnos galegos están chamados mañá, martes 25 de abril, a secundar as protestas alentadas por 'Erguer. Estudantes da Galiza'.

A Mesa denuncia en Estrasburgo os "reiterados incumprimentos da Xunta" sobre o galego nas escolas

Marcos Maceira, presidente da organización, participou nun encontro con Joerg Horn e Maxime Huot, membros do Secretariado do Consello de Europa para a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE