xuízo

Fiscalía: "Non cabe dúbida que hai un conflito entre ciclistas e a comunidade de montes"

Continúa o xuízo polo accidente cunha pedra que deixou a un ciclista parapléxico. Os tres letrados da defensa insisten na inocencia dos seus patrocinados e manteñen que "non se sabe quen puxo a pedra", mentres que a fiscalía e o letrado do ciclista consideran que está "probado"

A muller acusada de provocar polo menos 11 lumes forestais acepta catro anos e medio de prisión

A veciña de Cerceda (A Coruña) acusada de prender lumes aceptou unha condena de catro anos e medio de prisión por un delito continuado de incendio forestal ao provocar polo menos 11 con chisqueiros, papeis e velas aromáticas.


A familia case desafiuzada defende a invalidez do aluguer

Presentaron a unha testemuña e diversa documentación que demostra que nin había recibos nin a vivenda estaba declarada

A muller arroxada pola fiestra en Vigo dixo aos policías: "Tiroume meu home"

Os axentes apuntan que o home "non daba respostas coherentes" e que usaba un suposto envelenamento "como evasiva" ás súas preguntas.

A auditoría externa de riscos deixou fóra da análise a curva da Grandeira

O director de seguridade de Renfe, pola súa banda, descarga responsabilidades sobre Adif e outros comparecentes e defende a desconexión do ERTMS.

Listo para ser xulgado con xurado popular o caso de Tatiana Vázquez

O avogado do mozo acusado de asasinar a súa ex parella, que recibiu máis de 50 puñaladas, cre que o xuízo "se vai atrasar ata febreiro ou marzo".

O parricida de Moraña, condenado a prisión permanente revisable

É a primeira sentenza destas características que se dicta en España. O acusado recoñecera os feitos na súa declaración.

O parricida de Moraña recoñece o crime e mostra o seu arrepentimento

Di descoñecer os motivos que o levaron a cometer o dobre asasinato, aínda que os psiquiatras conclúen que sabía o que estaba a facer.

Os mariñeiros que traballaron en Noruega perden o primeiro xuízo polas súas pensións

Admiten que "nunca" esperaron gañar, aínda que non ocultan a súa "decepción". A España recrimínanlle a falta de axuda diplomática e xudicial.

O funcionario vigués que supostamente enchufou a cuñada de Carmela Silva enfróntase a 8 anos de prisión

A Fiscalía tamén pide cárcere para o xerente da concesionaria implicada no "plan" e unha indemnización de máis de 100.000 euros.

O acusado de matar a un farmacéutico de Ourense nega o crime e non declara

Os axentes confirmaron no xuízo que cando o detuveron levaba dúas bolsas con sabas ensanguentadas e coitelos do domicilio da vítima.

O 'rei das orquestras' volve ao banco esta semana

Tras varios adiamentos, terá que responder na Audiencia de Pontevedra acusado de varios delitos de evasión de impostos.

O xuízo contra o parricida de Moraña será a primeira semana de xullo

A Fiscalía ratificou a súa petición de prisión permanente revisable para o acusado, ao que atribúen o asasinato das súas dúas fillas menores en 2015.

Os procesados da Sala Yago evitan o cárcere

O xuíz concedeulle aos acusados por tenencia ilícita de explosivos a suspensión da pena de cárcere por ausencia de antecedentes.

Non se debe insultar aos Fiscais

A Fiscal Ana Magaldi non se engurrou e dixo con claridade e valentía que a ela, o outro día, lle chamaron"merda, fascista, vaite de Catalunya, fóra!" porque o coro de nenos cantores de Mas a tomou con esta defensora pública e a institución que representa, tralo xuízo celebrado na Audiencia de Catalunya. 

A declaración de Louzán como investigado posponse ao 10 de marzo

A defensa de a construtora relacionada coas adxudicacións investigadas na Operación Patos recorre a decisión da xuíza de renunciar á última testemuña, o que podería alongar máis a instrución.

Suspendido o xuízo para desafiuzar unha familia de Ferrol con cinco fillos menores de dez anos

O concello e a Xunta comprometéronse a adxudicarlles unha vivenda, debido á súa situación de vulnerabilidade.

As forzas políticas galegas apostan por unha "solución política" para Cataluña

A raíz do xuízo a Artur Mas pola consulta do 9N, reprochan a "incapacidade" española para afrontar o desafío.

Artur Mas e dúas ex conselleiras responden ante a Xustiza pola consulta do 9N

O ex presidente da Generalitat, xunto con Joana Ortega e Irene Rigau estiveron arroupados por miles de persoas ás portas do TSJC.

Piden prisión permanente revisable para o presunto parricida de Moraña

Sería a primeira vez que se aplica esta condena. "O Código penal dio claramente: cando son menores de 16 anos, tense que aplicar", argumenta o fiscal.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE