Unión Europea

Lei de Restauración da Natureza na UE: ambientalistas satisfeitos; pescadores preocupados

A Comisión Europea aprobaba un novo texto legal para a recuperación e conservación do medio ambiente, tanto mariño como terrestre. A favor estaban os partidos de esquerda e os verdes con apoio de movementos ambientalistas, do outro lado os conservadores europeos así como os sectores agrarios e pesqueiros quen ven nesta lei un perigo para continuar coas súas actividades como viñeron facendo até agora. 

Sánchez ten razón en que a UE necesita reformas, pero non unhas reformas calquera

Aínda que poida parecer unha utopía os estados da UEM terán que replantearse nalgún momento, si non queren que os riscos dunha ruptura sexan aínda maiores e moi plausibles, a realidade do euro como moeda única. Como se pode ver non se trata de reformas que afecten as formas senón ao fondo da UE e moi especialmente da UEM. Son reformas de calado que, dada a actual correlación de forzas, non parecen viables no curto prazo pero cara as que terán que encamiñarse os estados europeos senón queren que a situación económica sexa afectada por crises recorrentes e como consecuencia a democracia ameazada polas forzas totalitarias.

Gaza, nova fenda na credibilidade da Unión Europea

“Os horribles ataques perpetrados por Hamás non xurdiron da nada, xa que o pobo palestino leva sometido a 56 anos de asfixiante ocupación” (Antonio Guterres, Secretario xeral da ONU)

​O Eixo Altántico inaugura a primeira oficina de cooperación transfronteiriza en Brasil

A entidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsa, xunto coa Unión Europea, a creación desta oficina de cooperación transfronteiriza.

50 millóns de doses máis da vacina de Pfizer desde xa para a Europa tras os paróns de Janssen e Astrazeneca

A presidenta da Comisión promete que as novas doses empezarán a chegar leste mesmo mes de abril.

A pesca galega está en folga contra as novas normas de control da UE

Bruxelas pretende que os barcos incorporen tecnoloxías como cámaras de vixilancia a bordo.

Quo vadis Europa?

Unha aposta pola de ortodoxia económica que tería a súa continuación en novos tratados que asinaron en pedra deberes austericidas para todos os estados da UEM. Así, coa aprobación dos MEDE e  ECG e as reformas constitucionais oportunas, os estados da UEM comprometéronse a que o control dos déficits e o pago das débedas públicas tivesen prioridade sobre calquera outro obxectivo macroeconómico.

Non haberá "coronabonos" para recuperarse do COVID pero si 540.000 millóns en préstamos


Alemaña impide que a Unión Europea emita débeda avalada polo conxunto de países. Agora ben, Angela Merkel cede noutros puntos para facilitar que España, Italia e outros países máis afectados poidan recibir diñeiro prestado sen que a cambio teñan que executar os durísimos recortes impostos por Bruxelas tras a crise do ladrillo. 

Unión Europea: para que cambiar?

Nunca a Europa de dúas velocidades viuse tan clara nas conversacións ou discusións, chámenas Vds. como desexen, que manteñen esta semana os líderes da Unión Europea

O coronavirus: a socialdemocracia choca coas súas políticas

Cando Yanis Varoufakis apelaba ao que pasa por ser un dos principios da Unión Europea, a solidariedade entre estados, a socialdemocracia europea aliñada cos liberal-conservadores contestoulle que NEIN. 

É a hora dunha Europa dunha soa velocidade

A pandemia non é só un tema de España, non, é de todo o mundo e cada un mira o lado que lle interesa pola proximidade.

Aclarando, que é xerundio

A Europa de dúas velocidades sempre existiu, e en casos como o que nos ocupa, é aínda máis evidente e. por suposto a ollos deste xornalista, indecente ou inmoral.

​Luz verde da UE para que os gobernos poidan facer un gasto maior en sanidade para combater o coronavirus

Bruxelas propuxo a suspensión temporal da aplicación o Pacto de Estabilidade e Comercio. Isto significa que as regras ás que se someten os países da Unión en materia de fiscalidade comunitaria quedan temporalmente anuladas, o que abre a porta a que os gobernos poidan elevar o seu gasto público. 

5 claves para entender que cambia co novo acordo para o Brexit

Non hai backstop, pero o acordo para o Brexit non difire moito da suxerencia inicial da UE. Irlanda do Norte terá regulamentos e aranceis europeos. O parlamento británico ten que dar o seu visto e prace. Pero isto non está garantido.


Johnson di ao xuíz que pedirá a prórroga do Brexit e aos medios que xa veremos

O Primeiro Ministro, quen dixo que preferiría que morrer nunha gabia antes que pedir unha extensión, manda unha carta a un tribunal asegurando que cumprirá o mandato do Parlamento. Agora ben, á vez os seus portavoces alimentan os rumores de que buscará un truco para saltarse a obrigación de mandar unha carta á UE pedindo máis tempo se, como parece, non hai acordo antes da data límite. 

O turismo transfronteirizo como forma de construír Europa
O Eixo Atlántico remitirá unha carta á futura presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, unha vez que esta tome posesión do seu cargo, para demandar a creación dunha carteira de Turismo dado o seu "peso" no Produto Interior Bruto (PIB) dos países membros da Unión Europea (UE).
Italia, si; España, non sabe

Como podería forxarse unha alianza de goberno entre dúas formacións políticas que se tiraron repetidamente os trastes á cabeza e parecían adversarios políticos irreconciliables?

A ausencia de Goberno traba a chegada dos plans de pensións panaeuropeos

As empresas españolas non poden ofrecer ao seu cadro de persoal os novos plans privados de pensións panaeuropeos porque o Goberno en funcións non pode aprobar o regulamento necesario. Uns plans non exentos de polémica, porque moitos na esquerda venos como unha ameaza ao sistema público, ao que en teoría complementan.

¿Por que sube a extrema dereita en Europa?

Un dos fenómenos políticos mais preocupantes que se ten producido en Europa nos derradeiros anos é a crecente relevancia que están adquirindo os partidos de extrema dereita. Unha presenza que as derradeiras eleccións europeas non viñeron mais que a confirmar. Parecera que, una vez mais, Europa quere seguir o camiño iniciado polos Estados Unidos coa elección de Donald Trump como Presidente.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE