UE

A oficialidade do catalán, galego e vasco na UE queda aparcada por non ter España o control da axenda

Fontes oficiais de distintos Estados membros recalcaron que "non se teñen os datos necesarios para tomar unha decisión" e confiaron en que a cita de decembro fose a "última nunha tempada" na que se abordase este asunto, descrito por un alto diplomático como unha iniciativa "mequeira" polo Goberno español.

​O Eixo Atlántico senta as bases da súa estratexia para os proxectos que opten aos fondos europeos

Encontro do Eixo en Ferrol | Foto: Eixo AtlánticoEste xoves tivo lugar unha reunión en Ferrol da Comisión Política de Innovación do Eixo Atlántico, co obxectivo de seguir debuxando a estratexia da organización para as candidaturas dos fondos europeos.

Europa, a industria farmacéutica e a pandemia

Velaí a raíz do problema, que unha Unión Europea, presa das súas dogmas neoliberais, volve tomar o pelo aos cidadáns porque mentres as industrias farmacéuticas van obter con seguridade as maiores ganancias da súa historia, grazas a unhas marxes de beneficios que se moverán entre o 60 e o 80%, a saúde e a vida de millóns de cidadáns europeos non está debidamente asegurada por estar nas mans dos mercados.

Moitos países bloquean as viaxes ao Reino Unido pola nova cepa do coronavirus

España aínda mantén abertas as conexións. O luns hai unha reunión de urxencia na Unión Europea para tratar de atopar unha solución común. Italia xa confirmado que detectou casos da cepa.

A Unión Europea pacta cortar máis da metade das emisións contaminantes en 10 anos


Novo empuxón gobernamental á loita contra o cambio climático, a pesar da oposición de estados que aínda producen moito carbón, como Polonia e a República Checa. 

​Que está a facer o resto de Europa para frear a pandemia? Alemaña pecha bares e restaurantes, Francia confínase…

Mentres que en España asistimos a un goteo constante e desestructurado de restricións segundo o criterio que marca cada comunidade autónoma e sen saber con exactitude o tempo que durará o estado de alarma, no resto de países da Unión Europea o escenario non é moito menos confuso, xa que a maioría tenta facer a guerra pola súa conta contra o coronavirus.

​Europa tamén elixe entre o ‘Trumpismo’ ou a ‘Escola Obama’ de Biden

Tras catro anos nos que a doutrina Trump torpedeou case por completo as relacións entre Estados Unidos e Europa, os lazos entre unha das nacións máis poderosas do mundo e o Vello Continente poden verse cortados este novembro ou saír reforzados e entrar nunha nova etapa. Todo dependerá do que ocorra nas eleccións de novembro, de resultado incerto. 

Catro días de tensas negociacións en Bruxelas culminan cun gran acordo comunitario e 140.000 millóns para España

Tras xornadas maratonianas nas que mesmo se temeu que non fose posible chegar a ningún acordo pola negativa do á dura europea para aceptar as condicións do fondo de reconstrución, finalmente nesta madrugada alcanzouse un consenso para dotar aos países máis afectados pola crise do coronavirus un un importante colchón para acometewr os investimentos que consideren.

​As diferenzas entre os membros da UE para os fondos de recuperación son “moi grandes”, avanza Merkel

A chanceler alemá disipou toda dúbida sobre as negociacións entre “os 27” e adiantou que o pulso entre os países de norte e centro Europa e os do sur, máis castigados pola crise sanitaria e económica, vai ser longo. As diferenzas actualmente son “moi, moi grandes” e as negociacións “moi difíciles”, insistiu Merkel.

​Tender pontes de norte a sur nunha Europa fragmentada, obxectivo do cume entre os líderes da UE

Os xefes de Estado e de Goberno dos membros da Unión Europea prepáranse para un encontro no que tentarán salvar as enormes diferenzas existentes a día de hoxe no referido ás axudas para a recuperación económica pola crise derivada do coronavirus. As formulacións dos países máis afectados, os do sur, chocan coas trabas dos 'falcóns' europeos, remisos a un novo rescate económico.

A vicepresidenta terceira do Goberno, a galega Nadia Calviño, será candidata á presidencia do Eurogrupo

A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta. 

​España está disposta a atrasar a idade de xubilación para recibir axudas da Unión Europea

A crise económica que acosa a España, do mesmo xeito que ao resto de países da súa contorna, obriga ao Goberno central a preparar un plan de axuste para levalo ante a Comisión Europea. O obxectivo é lograr o visto e prace do organismo continental para desbloquear unha partida que podería alcanzar os 140.000 millóns. 

O Goberno de España e o coronavirus

Resulta natural que un goberno novo e plural con escasa ou nula experiencia de goberno precise dun certo período de axuste para facerse cargo das pancas de poder, para delimitar claramente as responsabilidades individuais e colectivas e para poñer en marcha a engrenaxe dunha nova distribución de responsabilidades nos distintos ámbitos da administración pública.

O sector marisqueiro galego poderá optar ás axudas do fondo europeo de pesca ante o coronavirus
A Xunta insiste en reclamar ao Goberno a exclusión do marisqueo de entre as actividades esenciais tras a súa esborralle de vendas
Non haberá "coronabonos" para recuperarse do COVID pero si 540.000 millóns en préstamos


Alemaña impide que a Unión Europea emita débeda avalada polo conxunto de países. Agora ben, Angela Merkel cede noutros puntos para facilitar que España, Italia e outros países máis afectados poidan recibir diñeiro prestado sen que a cambio teñan que executar os durísimos recortes impostos por Bruxelas tras a crise do ladrillo. 

​E se quero viaxar a Gran Bretaña ou buscar traballo alí? As grandes dúbidas e respostas do Brexit

A saída definitiva do Reino Unido da Unión Europea deixan no aire os plans de moitos españois, que ven en cruzar a Canle da Mancha como unha oportunidade, tanto de lecer como de futuro. Hoxe, 1 de febreiro, Gran Bretaña xa non pertence a efectos legais á UE, pero isto non condiciona a vida dos estranxeiros que residan ou que visiten as illas…de momento.

As galegas gañan case 5.500 euros menos que os seus compañeiros e a UE promete "unha nova estratexia" contra a brecha salarial

A Comisión europea comprometeuse este luns ante o Parlamento europeo a atallar a brecha salarial entre homes e mulleres, que en Galicia sitúase ao redor dos 5.500 euros anuais, e prometeu ter lista unha nova estratexia de Igualdade para o mes de marzo.


Os diputados do seu partido poden finiquitar hoxe a May agravando a crise do Brexit

A primeira ministra británica afronta unha moción de censura por parte do núcleo forte dos tories.

​Brexit, ou con USA ou con UE

O aviso ao Reino Unido do inefable presidente Trump foi inequívoco: ou connosco (USA) ou con eles (UE).


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE