roubo

Investigan un roubo na Capela de San Benito do Porriño
A Garda Civil e a Policía Local do Porriño (Pontevedra) abriron unha investigación para identificar os autores dun roubo con forza cometido a pasada noite na capela de San Benito, de onde foi subtraído un lampadario con donativos.
Unha banda itinerante que roubaba en vivendas detida en Vigo

Para cometer os roubos, os ladróns violentaban as portas principais das vivendas, servíndose de palanquetas, 'picos de papagaio' ou desaparafusadores de grandes dimensións

Tenta roubar en varios establecementos de Santiago cunha arma simulada

Os axentes foron alertados para que se dirixisen a unha farmacia da zona onde, ao parecer, un individuo tentara cometer un roubo 

Deteñen a tres presuntos autores de 12 roubos no interior de vehículos en Ourense

Os roubos foron cometidos nas noites de xoves a domingo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo nas rúas da zona Centro e zona ponte de Ourense.

Sorprenden 'in fraganti' a catro ladróns roubando nun cámping de Silleda

Desvalixaron "todos os materiais do sistema de calefacción e fontanería".

​Detido un home por roubar unha colección de cartas valorada en case 10.000 euros

O seu propietario deixou un cartafol con elas nun aparcadoiro de Ourense. Levoulle 22 anos reunilas.

Sorprenden a un ladrón cando saía pola fiestra dun colexio

Entrou pola cafetería e a central de alarmas avisou á policía. Ao mozo cónstanlle detencións anteriores.

Detido un pasaxeiro en Lavacolla por agredir a outro e a un traballador da aeroliña

Ocorreu nas mesmas escaleiras do avión que acababa de aterrar. A Garda Civil presentou unha denuncia contra el.

Rouban na Deputación de Lugo dous vehículos e maquinaria de obras

Un dos coches apareceu sen gasolina na rotonda do HULA e outro, con diversos golpes en Rábade.

Buscan catro ladróns que asaltaron a tres anciás en Bande

Entraron de madrugada na vivenda e golpearon a dúas das irmás para que lles desen o diñeiro.  Cortaron o teléfono para que non pedisen auxilio.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE