pretemporada

​O Celta xa ten segunda camiseta e rival para o Quinocho

A escuadra olívica xa puxo á venda o seu uniforme visitante, que este ano destaca pola cor granate que impera na casaca. 

Unzué espera a chegada dun xogador "con chegada e desborde"

O novo adestrador cre que o equipo aínda debe "mellorar na maioría dos aspectos", pero confía en conseguir esa evolución.

O Celta remata a xira europea sen conseguir ningunha vitoria

Guidetti e Maxi Gómez puxeron os goles este sábado ante o Leverkusen, un encontro que rematou con empate a 3.

O Celta despídese de Inglaterra, onde deixa un amigo para sempre

A expedición celeste xa está en Alemaña para o amigable ante o Bayer Leverkusen. As próximas citas son en Balaídos.

O Dépor encaixa ante o Porto a primeira derrota da pretemporada

(4-0). Os portugueses, que empezan a súa liga en dez días, demostraron a súa superioridade física e as súas calidades para estar en Champions.

O Celta traslada a súa pretemporada dez días fóra de Galicia

Unzué leva a todos os xogadores á xira por Inglaterra e Alemaña, incluídos Marcelo Díaz e o Tucu Hernández cando rematen as súas vacacións.

O Dépor mete unha marcha máis na pretemporada con amigables de máis nivel

Esta semana enfróntase ao Pontevedra e ao Racing de Ferrol na fin da xira galega e o domingo mídese ao Porto no Dragão.

O Celta volve ao traballo baixo as ordes de Unzué

O novo técnico celeste receitou aos seus xogadores unha sesión intensa para comezar a poñer as pernas a punto.

Oito adestramentos e seis amigables para non perder o tempo

O Dépor aumenta o ritmo da pretemporada. Os únicos descansos serán o mércores pola tarde e o domingo.

Maxi Gómez fai a súa pretemporada particular na Madroa

O cadro celeste non volve aos adestramentos ata a próxima semana e o atacante uruguaio traballa para arrincar con vantaxe.

O Dépor anuncia unha xira de oito partidos de pretemporada en Galicia

Os xogadores regresan ao traballo o 5 de xullo e xogarán o seu primeiro amigable do verán só unha semana máis tarde.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE