"O señor Ábalos é especialista en inventar escusas cando se atopa en problemas. As peticións galegas son claras, están recollidas por escrito e non figura un AVE con sistema ASFA en ningunha delas" , reacciona inmediatamente o Goberno Galego ás duras acusacións do ministro, que chegou a relacionar as supostas présas de Feijóo co accidente do Alvia en Angrois, onde non estaba implementado o sistema de mellor seguridade que si tendra os novos tramos.