permanencia

O Celta de Vigo perde no último minuto contra o Espanyol confirmando a súa mala serie

Os galegos levan catro partidos sen puntuar e aínda non conseguiron asegurar a súa salvación.

O Dépor ata a permanencia cun empate ante o Vilarreal

(0-0). Pepe Mel defendeu que os branquiazuis conseguiron "o punto polos nosos méritos, fixese o Sporting o que fixese".

Florin Andone: "Só daría por bo un empate se o Sporting non gaña"

O goleador deportivista cre que "o Sporting está máis nervioso que nós". No persoal, non pensa en marchar do Dépor.

O Dépor condénase a seguir sufrindo outra semana

(1-2). Outra oportunidade perdida para pechar a permanencia. Á media hora o Espanyol vencía por 0-2 e os coruñeses non puideron remontar.

Celso Borges: "Por orgullo colectivo gustaríame pechalo gañando o domingo"

O costarriqueño quere apartarse de cálculos e quinielas conseguindo unha vitoria que asegure canto antes a permanencia ao Dépor.

O Dépor encaixa outra vez ao comezo e non consegue pechar a permanencia

(2-2). O Osasuna adiantouse no minuto catro e aínda que os de Pepe Mel remontaron, non puideron manter o resultado.

O Dépor quere repetir contra o Madrid a sopresa do Barça

"Estamos a desexar que chegue o mércores para limpar a imaxe do último partido", declarou Andone.

O Dépor cae pola mínima en Anoeta sen apenas loitar

(1-0). Coa permanencia a tiro, o equipo branquiazul non soubo plantar cara a unha Real que puido lograr un resultado máis avultado.

Celso Borges: "Nas últimas xornadas téndese a correr menos riscos"

O costarriqueño admite que están pendentes dos resultados doutros equipos, pero advirte de "que iso non nos condicione o noso rendemento".

Joselu e Mosquera achegan o Dépor á permanencia

(2-0). Sen brillar, os de Pepe Mel conseguiron por fin tres puntos que supoñen un gran paso para as aspiracións deportivistas a falta de seis xornadas.

Fayçal Fajr: "Prefiro que moitos futbolistas marquen que depender dun"

O marroquí aposta por conseguir a permanencia canto antes e cre que o Valencia "co equipo que ten non debería estar abaixo".

Laure: "En calquera momento os de abaixo apertarán e temos que estar lonxe de alí"

O lateral, que non xogaba en liga desde outubro e que superou dúas lesións musculares, di que a melloría hai que demostrala "con puntos".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE