A Xunta nega a información emitida pola central sindical CIG de Verín, quen esixiu que a que “a degustación de pratos de pementos non se realice dentro do Centro de Saúde de Oimbra”.
A XII Festa do Pemento do Concello de Oímbra chega con polémica. Un sindicato denuncia que o Concello programa "unha exposición de degustación de pratos de pementos no interior do centro de saúde". Como proba, achega unha foto da fachada do edificio do SERGAS na que, efectivamente, vese un pancarta anunciando o citado evento.