David Bruzos (1979, Ourense) ofrece a Luís Villares -a quen encomia polo seu labor parlamentario- integrarse na dirección se sae elixido. Nunha entrevista con Galiciapress apela a abrir o espazo e integrar a máis persoas para construír un proxecto plural e sólido que poida chegar a presidir a Xunta. O ex-deputado encabeza a lista do grupo dos críticos (Podemos, ANOVA, EU e algunhas mareas) coa dirección actual, que medirán forzas coa oficialistas de Villares esta fin de semana.
Tanto a formación morada como En Marea recoñecen a autonomía á hora de elixir o nome das candidaturas municipais.