En declaracións a Galiciapress, a Mesa pola Normalización Lingüística, dá o seu apoio á reforma legal que promoven Podemos e Esquerda Unida para facer oficial o asturiano e o que esa reforma chama "galego-asturiano". A maior das asociacións culturais de Galicia entende que é un "paso adiante" para aumentar a protección do galego en Asturias.