Con esa folla de roteiro presentouse Tamara ante os medios e ante o gran público como o que é: a vítima, a enganada, a estafada, a que podendo actuar con despeito decide manterse máis digna que nunca e saír en ‘O Formigueiro’ ou no ‘Ola!’ como a paladina de todos os hastados, que non somos poucos, e como a iluminada de Deus, a cega que agora ve, cuxo designio non foi transmitido por unha silva ardendo, senón polo último Burning Man, que para o caso é o mesmo.