información

Unha información manipulada e mutilada

Que a información fornecida pola CRTVG é unha información manipulada resulta indiscutible. Por caso, a cobertura informativa sobre a "actualidade política" resulta vergoñosa tanto polo seu descarado partidismo a favor do PPdeG canto polo tratamento descalificador que reciben os partidos da oposición (BNG, PSdeG/PSOE...).

Renfe denuncia violación dos servizos mínimos da huega e os maquinistas négano


Algúns usuarios galegos empezan a queixarse de trens nos roteiros do eixo Atlántico. A situación é peor en Cataluña e Madrid, onde tiveron que pechar mesmo estacións enteiras.

​O Comité Intercentros da CRTVG reclama unha investigación pola presunta filtración do off the record de Irene Montero

Desde o comité esixen a posta en marcha dunha investigación que esclareza se realmente houbo ou non unha filtración a un medio privado (ABC) de material pertencente á televisión pública.O Comité Intercentros reivindica que a investigación sexa “seria e independente” co fin de destapar que ocorreu e se, como denuncian algúns medios, houbo unha filtración de información confidencial sobre o 8-M pertencente a unha entrevista concedida pola ministra de Iugaldad Irene Montero.

​Estes son os medios favoritos dos galegos para informarse de política

Aínda que poida parecer que a prensa escrita ou a televisión perderon peso na era dixital, Galicia segue apostando polos medios convencionais para manterse informado a falta de 12 días para as eleccións xerais. O CIS, que onte deu unha clara vantaxe ao PSOE en Galicia, mostra cales son as cadeas e formatos preferidos para os espectadores e lectores galegos.

A Xunta defende a nova instrución de minas ante as acusacións de "ocultación de información" de En Marea

A Consellería de Economía, Emprego e Industria defende que unha nova instrución que publica este luns no DOG "consolida" o dereito de acceso á información dos cidadáns, xa que "sistematiza e clarifica" este proceso

A Valedora do Pobo decidiu actuar de oficio no caso da Mina de Touro

Na reunión tamén interviñeron as deputadas Montse Prado (BNG) e Antón Sánchez (En Marea) , que cualificaron o comportamento da Consellería non de "transparencia", senón de "obstrución absoluta á información pública".

 
Telenoticias, o encanto do macabro

Ante un eventual conflito entre información e bo gusto debe primar sempre a liberdade de expresión como valor supremo das nosas democracias.

Asociación Española contra o Cancro inicia unhas xornadas de concienciación na Coruña

Varios municipios da provincia contarán con mesas de información e charlas sobre a enfermidade. 

Habilitarase información "en tempo real" sobre a situación do tráfico

A medida, posta en marcha desde este martes, busca mellorar a xestión e control da circulación de vehículos

O Colexio de Xornalistas reivindica a importancia da profesión no Día Mundial da Prensa

Diferentes colexios españois súmanse ao lema da Unesco 'Mentes críticas para tempos críticos' co fin de defender o papel dos medios como instrumentos sociais

​O 38% dos xornalistas galegos teñen contratos temporais ou son autónomos

Segundo unha enquisa do Colexio de Xornalistas, a formación máis demandada polo colectivo en Galicia está relacionada coas novas técnicas e ferramentas da internet: 78,25% demandan formación en redes sociais.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE