incendiarios

​A Fiscalía avanza na procura dunha trama detrás dos incendios intencionados

Na súa investigación sobre a onda de outubro xa recibiu o informe de Medio Rural que sitúa no 88% os lumes provocados.

A Fiscalía presentará "en breve" un estudo "ambicioso" sobre a vaga de incendios

"Non hai evidencias de que exista unha trama" incendiaria, pero o informe aspira a ser "unha panorámica xeral" da situación no monte.

Feijóo acepta unha comisión para alcanzar "un acordo de país" sobre política forestal

O presidente insiste na súa comparecencia no "terrorismo incendiario" e a oposición censura a súa "cortina de fume" e esixe cesamentos.

Feijóo di que hai "algunha cousa máis" para que o incendiario dos Blancos estea en prisión

O presidente non dá credibilidade a que "estaba a asar uns chourizos" e critica que asociacións e partidos políticos defendan aos seus "amigos".

A Fiscalía decántase pola prisión provisional para os investigados por incendios

Considera que a medida cautelar é "máis propicia" para conseguir testemuños por parte de veciños.

Oito de cada dez incendios clasifícanse como intencionados sen comprobalo

O ministerio distingue entre os lumes nos que se corroborou a causa e os que non, mentres a Xunta non fai públicos os datos

En liberdade a septuaxenaria de Mos investigada por tres incendios forestais

Ten ao seu cargo a un fillo e ao seu marido e o último lume co que  relacionan calcinou "moi pouca" superficie.

O xuíz decreta prisión sen fianza para o detido polo incendio do domingo nos Blancos

Atribúeselle a autoría dun incendio forestal por unha imprudencia nunha parcela propiedade da súa familia.

A Fiscalía ve "indicios dunha planificación coordinada" para plantar lume a fin de semana

A Organización de montes mancomunados rexeita "tramas" tras os incendios e pide "non enganar" a cidadanía.

Primeiro detido como presunto incendiario despois da vaga de lumes do domingo

Trátase dun home que colleron en Vigo e que acusan dun incendo por neglixencia nos Blancos. Segundo o alcalde, no canto de colaborar a apagalo, "largouse".

O fiscal de Medio Ambiente descarta unha trama organizada detrás dos lumes

Feijóo, con todo, carga contra o "terrorismo incendiario". "Atacáronnos indiscriminadamente e non puideron facer máis dano", proclama.

Galicia acumula no que vai de mes 235 incendios forestais, máis do dobre do agardado

Lugo e Ourense concentran a maioría de focos e a cifra é máis do dobre que a media do últimos cinco anos

Prisión provisional para o brigadista detido por prender lume reiteradamente no Xurés

Os investigadores viron que "todos os incendios se producían a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral".

Prisión sen fianza para un presunto pirómano reincidente na comarca do Deza

Só este mes de agosto atribúenselle uns 16 incendios forestais, entre Agolada, Lalín e Santiso.

Arco Iris pide que se divulgue a identidade e a foto dos incendiarios

A asociación ecoloxista quere que os veciños saiban quen son os "terroristas forestais" que poñen en perigo as súas vidas.

De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios

Só esta fin de semana rexistráronse en Galicia 29 incendios de madrugada, a maioría "reducidos a conatos". Nun par de días, varios lumes suman unhas 160 hectáreas.

Detidos varios incendiarios acusados de provocar decenas de lumes

A un deles, sorprendido no monte, atribúenlle case 30. Outros dous son mozos duns 20 anos que levaban anos pegándolle lume ao monte.

5.000 euros de recompensa por delatar o autor do incendio de Verín

A asociación ecoloxista Arco Iris está disposta a pagar por "información fiable" e garante a confidencialidade e a protección de datos.

Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais no último lustro

Arrinca o período de alto risco cun operativo xeolocalizado ao completo e o reto de non superar as 15.000 hectáreas queimadas. 

Galicia rexistrou máis de 380 incendios en abril

Trinta superaron as 20 hectáreas queimadas | Ángeles Vázquez cualifícao de "mes incendiario" no Norte de España.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress