hostelería

Festa ilegal de madrugada nun bar de Lugo acaba con clientes á fuga, dono esposado e policía ferido
A Policía Nacional estima que nesta festa ilegal había 60 persoas, cando o máximo permitido para o local era de 40
Quen e como pode estar nos bares ata a 1 da mañá? Estas son as últimas normas
Todos os establecementos de hostalería terán que rexistrar só o nome e apelidos e o teléfono de contacto durante un mes
Abren os prazos para pedir as subvencións para comerciantes e hostaleiros de Santiago
(Atención abonados. Rogamos substitúan a información anterior sobre o mesmo tema pola que segue, debido a unhas precisións da fonte informante tras a rolda de prensa do alcalde. Desculpen as molestias.)
Os hostaleiros reclaman a apertura dos negocios ata a unha da noite co fin do estado de alarma
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, avanzou que o sector trasladará á Xunta a petición de poder prolongar a súa actividade ata a unha da madrugada unha vez decaia o estado de alarma.
A vacinación dos galegos de entre 65 e 69 pode empezar esta mesma semana, adianta o conselleiro
O conselleiro espera que "a finais de semana ou a semana que vén" arranque a vacinación do colectivo de 65 a 69 anos
Reservas, medidores de CO2, rexistro de clientes... Condicións de Sanidade para ampliar o horario da hostalería
A Consellería de Sanidade expón como medidas adicionais ao incremento do horario de apertura dos restaurantes en Galicia a esixencia de reservas ou citas previas, un rexistro de clientes e a instalación de medidores de CO2.
Os galegos poderemos pedir o bono turístico este mes, poida que a próxima semana, adianta Nava Castro, directora de Turismo


A directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, afirma nunha conversación con Galiciapress que o bono #QuedamosEnGalicia21 poderá solicitarse “antes de finais de mes” e que “convivirán” ata maio os beneficiarios deste bono co persoal sanitario e sociosanitario que aínda non puido gozar do primeiro.

A Xunta estima que o turismo estranxeiro non volverá en todo o ano 2021
Asegura que o uso do Código QR no sector será "o normal" en "dous ou tres anos": "Este tipo de controis de acceso estarán á orde do día"
Os hostaleiros, en contra do peche obrigatorio de interiores cando o nivel de alerta sexa alto

De fondo, a eterna polémica sobre as políticas de Madrid, que está en risco extremo e aínda así mantén abertos os interiores. Polémica exhacerbada agora pola precampaña.

Así son as restricións de movementos e hostalería esta fin de semana
Os albergues poden reabrir desde este venres e recupéranse as actividades de turismo activo
"Necesitamos máis solucións que axudas", claman hostaleiros ante a marcha do sábado

Álex Iglesias, presidente da Asociación de Hosteleiros e Empresarios do Deza, explica para Galiciapress que a mobilización que prepara o sector para este sábado busca ser "ordenada pero multitudinaria" e demostrar a unidade que existe na hostalería galega, maltratada polas administracións.

Sanidade deixa entrever unha ampliación nos horarios da hostalería galega para a próxima semana
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sostivo que Galicia "mantén" a previsión de peche perimetral para a ponte de San José e a Semana Santa e, a falta de que o que se decida no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a idea da Administración autonómica é manter sen cambios tamén o toque de queda entre as 22 e as 6 horas.
Hostaleiros piden abrir restaurantes ata as 21:30 da tarde en Semana Santa e atrasar o toque queda
Dous de cada tres locais de hostalería descargaron xa o código QR que será obrigatorio o venres
Non haberá máis alivios en hostalería pronto porque aínda hai moitos enfermos críticos, di a Xunta
Mantén a previsión de finalizar en maio a vacinación de maiores de 80 anos se se mantén o ritmo da subministración semanal de dose
Dous controis á semana para bares e restaurantes e ameaza de ser precintados se rexistran incumprimentos
A obrigación de mostrar nun cartel o aforo máximo e un código QR para rastreos entrará en vigor o 5 de marzo
Así queda o mapa de restricións covid desde o venres en todos os concellos de Galicia

Así, alguén de Redondela poderá ir a tanto a Oia, que está en segundo nivel e na súa área, pero tamén ao Grove, que está en segundo nivel e noutra área, Pontevedra. Onde non poderán ir ninguén -salvo por obrigación laboral, médica, etc.- son nos 17 concellos de primeiro nivel, en vermello escuro no mapa, que seguen perimetrados como ata o de agora.Os que máis mobilidade teñen son os concellos en verde, os que a Xunta chama de terceiro nivel.

Así é o plan da Xunta para controlar de bares e restaurantes cando abran tras o alivio das restricións
A Fegamp propón a Rueda unha comisión de coordinación para que os concellos participen das decisións ante a pandemia
Unha parte da hostalería de Galicia poderá reabrir en cuestión de días, promete o presidente
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que a próxima semana "boa parte" de Galicia poderá reabrir a hostalería, que leva pechada desde o pasado 27 de xaneiro como parte das medidas para combater a pandemia da covid-19.
​A Xustiza catalá non permite a reapertura de bares e restaurantes, como si fixo a vasca

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña pechou a porta aos hostaleiros que reclamaban levantar as restricións que pesan sobre o sector aplicadas polo Govern. O ditame de TSJC acorda manter as normativas impulsadas polo Goberno de Cataluña e, de momento, a restauración e a hostalería non recuperará a súa actividade normal.

Os negocios con débedas á administración poden acceder ás axudas do segundo plan de rescate da Xunta
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalería, autónomos e micropemes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata.




Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE