gobierno españa

O Goberno recorre ante o Supremo a sentenza que o condenaba a indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso

A Avogacía do Estado recorreu a decisión da Audiencia Nacional de condenar ao Estado para indemnizar á familia de José Couso por non defender os seus intereses fronte a EEUU. O Estado fora condenado a pagar 100.000 á muller e 41.000 a cada un dos dous fillos do cámara de Telecinco morto por disparos estadounidenses en Iraq.

O Goberno achega a transferencia da AP-9: "As competencias da xestión pasarán a Galicia"
O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, ratificou que a xestión da autoestrada AP-9 pasará a mans da Xunta, unha das peticións unánimes do Parlamentoy que constitúe un dos compromisos do presidente, Pedro Sánchez, adquiridos para a súa investidura.
​A ferrolá Yolanda Díaz pon punto e final aos despedimentos por baixas médicas

Como xa anunciara a semana pasada, o Ministerio de Traballo bota abaixo o artigo '52.d' do Estatuto de Traballadores, unha medida que será efectiva a partir de mañá e que poñerá fin aos despedimentos por baixas médicas acumuladas e xustificadas.

​As comunidades autónomas mostran a súa insatisfacción coas medidas de Facenda, que pecha a porta ao pago do IVA

A primeira guerra do novo Goberno non se librará en Cataluña, senón no conxunto das autonomías, con Feijóo como un dos paladines dos gobernos rexionais nesta cruzada contra o Goberno Central. E é que máis aló da crise catalá en Madrid miran con preocupación pero cunha determinación firme todo canto ocorre nos gobernos autonómicos, que teñen un ollo posto en Moncloa e o outro nas súas propias arcas. 

​A reunión entre Sánchez e Torra reuniranse con máis dúbidas que certezas sobre a mesa

O presidente do Goberno de España e o dirixente catalán reúnense hoxe en Barcelona co obxectivo de dar comezo ao dialogo institucional para desbloquear o clima de tensión e escepticismo que existe entre o goberno central e o executivo autonómico. A intención é demostrar que a aposta de Sánchez é en todo caso o dialogo.

​Felipe VI aposta polo debate e o diálogo coa Constitución como "base firme" e "lugar de encontro dos españois"

O monarca deu o pistoletazo de saída á XIV Lexislatura, a primeira dun Goberno de coalición entre o Partido Socialista Obreiro Español e Unidas Podemos e con Pedro Sánchez como presidente. A Constitución debe ser, en palabras de Felipe VI, "base firme" desta lexislatura, á que sinalou de ser "o lugar de encontro de todos os españois, de diferentes modos de entender e sentir España".

A Xunta denunciará ao Goberno de España ante os tribunais polo pago do IVE/IVE
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que o seu Goberno "esgotará todas as posibilidades no ámbito xudicial" para "defender a Galicia" e levará aos tribunais ao Executivo que dirixe o socialista Pedro Sánchez co fin de que pague a débeda de 200 millóns derivada da mensualidade do IVE/IVE de decembro de 2017.
​O nomeamento do marido de Teresa Ribeira como presidente da CNMC pon ao Goberno ante a súa primeira crise

Un posible “conflito de intereses” podería motivar a primeira crise do Goberno de España. O executivo de Sánchez, que xa arrincou con polémica pola proposta da exministra de Xustiza para a Fiscalía Xeral do Estado, pode ter problemas para atopar presidente do CNMC. 

​O suicidio asistido dunha nai ao seu fillo en Ourense reaviva o debate sobre a eutanasia

O caso está a ser investigado pola Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Policía Nacional. A posibilidade de que unha nai axudase ao seu fillo tetrapléxico a suicidarse para logo quitarse a vida puxo de novo sobre a mesa o debate sobre a morte digna en España, que podería impulsarse na cámara da man do novo goberno progresista. 

Xurar no Ministerio

E pensándoo ben, xa que retiraron a Biblia dunha contorna política, quizais fose mellor que todos xurasen o cargo, pois as promesas estamos a ver que poucos as saben cumprir, ou no peor dos casos, non queren que llas lembre ninguén.

Sánchez, pendente de desvelar quen será os seus ministros, xura o seu cargo ante Felipe VI

O novo presidente do Goberno de España xurou o seu cargo sobre un exemplar da Constitución española e ante o xefe do Estado esta mesma mañá, mentres segue o baile de nomes de futuribles para as distintas carteiras do novo goberno. 

O BNG non pecha a porta a Sánchez pero advirte que o PSOE non ten garantido o apoio nacionalista

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asegurou que "Sánchez faría moi mal en facerlle caso aos que din que o voto" do seu partido a favor da investidura do Goberno de coalición de PSOE e Podemos está garantido.

As vítimas do Alvia denuncian levar un ano ignorados por Fomento
A plataforma de vítimas do accidente de Angrois denunciaron que levan "365 días ignorados" polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, a pesar de que este asegurou que "recibiría" aos afectados polo accidente "cada vez que faga falta".
​Carmen Calvo non ve “un fracaso” que España celebren eleccións xerais, as cuartas desde 2015

Para a vicepresidenta do Goberno “ir ás urnas nunca é un fracaso”, a pesar de que o executivo de Pedro Sánchez estivo buscando un pacto que lles permitise gobernar ata última hora. Da posible alianza con Podemos, Calvo insiste en que a rexeitaron por “fose un verdadeiro fracaso”.

​Presións dentro de Unidas Podemos para que Iglesias desvele as súas intencións

As confluencias de Unidas Podemos e Esquerda Unida instan a Pablo Iglesias a facer pública a súa decisión sobre se dará ou non o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España ou se prefire que se repitan as eleccións xerais.


La Guardia Civil se planta ante el Gobierno para lograr la equiparación salarial
La Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) ha exigido al Gobierno que cumpla el acuerdo sobre la equiparación salarial y ha reclamado una "mejoría" de las condiciones laborales de este Cuerpo de Seguridad.
A Xunta non descarta levar ao Goberno de España a xuízo para cobrar os 700 millóns que reclama
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, urxiu ao Ministerio de Facenda a convocatoria do consello de política fiscal e financeira (CPFF) para tratar de dar unha solución ao problema "extremo" que, no caso da Xunta, supón a "falta de pagamento" de 700 millóns de euros.l
Quen teme un goberno de coalición?

De formar, como pretende, goberno en solitario, o PSOE aplicará unhas políticas semellantes ás que vén aplicando nas últimas décadas o resto da socialdemocracia europea.

​Optimismo xeneralizado sobre o Pazo de Meirás e o seu máis que posible retorno a propiedade pública

O edificio señorial, en mans a familia Franco, está máis preto que nunca de ser recuperado como patrimonio público despois da demanda presentada contra a familia Franco no Xulgado de Primeira Instancia Número 1 da Coruña por parte da Avogacía do Estado. No escrito reclámase a propiedade do inmoble para o Estado, alegando que a súa adquisición por parte dos Franco foi "simulada e fraudulenta", a súa administración mediante fondos e persoal públicos, e o uso que se lle deu durante a ditadura franquista. 

O Goberno dá un paso firme para recuperar o Pazo de Meirás de mans dos Franco
O Goberno central, a través da Avogacía do Estado, presentou unha demanda contra a familia Franco nos xulgados dá Coruña para reclamar a devolución do Pazo de Meirás.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE