fraude

​Queda "moita tea que cortar" contra os paraísos fiscais europeos

O eurodeputado do PSOE Ramón Jáuregui revela que houbo un pacto para excluír os países europeos da lista.

​Sancións máis duras para os empresarios que fan contratos temporais en fraude

Fátima Báñez anuncia medidas para evitar a temporalidade "claramente abusiva" que se converteu en habitual.

Detido un home por estafar a anciás mediante un imposto falso

Facíase pasar por empregado municipal para enganar a distintas mulleres de avanzada idade, esixindo o pago de 150 euros

Viaqua logra reducir os enganches fraudulentos en Galicia en pleno contexto de seca

A empresa constata un 16% menos de conexiones ilegais á rede de auga tras incrementar os medios para detectar estas fraudes.

Chega a xuízo a Operación Campeón, o primeiro gran caso de corrupción do PP de Feijóo

Arrinca este martes a vista previa coa intención de chegar a acordos e evitar o xuízo oral.

O rexistro no Centro Tecnolóxico da Carne pode levar a detencións

Os axentes entraron, ademais, na vivenda dunha persoa vinculada a este centro dependente da Xunta.

Os rexistros no Centro da Carne investigan se houbo fraude nas subvencións

Non se esperan detencións relacionadas con estas pescudas, pero é posible que a Policía rexistre máis instalacións.

Destapan unha rede de empresas galegas que defraudou tres millóns á Seguridade Social

Trátase de cinco grupos empresariais formados por 28 sociedades, algunhas delas ficticias, da hostalería e a construción.

A CRTVG achega documentación para a investigación de fraude da SGAE

A Policía Nacional realizou este martes polo menos 18 detencións contra a suposta fraude coa emisión en televisión de 'música inaudible' en horario nocturno. 

Primeira multa a Volkswagen en Galicia polo Dieselgate

A Xunta imponlle unha sanción de 33.800 euros. Unha usuaria de Ourense denunciou a compañía polo engano da manipulación dos motores.

A denuncia contra Iberdrola por inflar o prezo da luz inclúe centrais galegas

Segundo Anticorrupción, a eléctrica obtivo presuntamente de forma ilícita ata 20 millóns coincidindo cunha onda de frío en 2013.

A antiga cúpula de Bankia sentará no banco pola saída a Bolsa

O xuíz procesa a Rato, Acebes e outros 32 ex directivos, acusados de falsear as contas e fraude de investidores.

A trama ideada por unha academia de Ourense para recibir subvencións salpica a un alto cargo da Deputación

A operación investiga unha fraude de medio millón | O xefe de persoal do ente provincial, entre os investigados | A muller do dono da academia exerce "un cargo de responsabilidade na Xunta".


Xulgan por malversar fondos europeos ao ex delegado de Feijóo en Ourense

Once anos despois dos feitos, o xulgado de Ribadavia decreta a apertura de xuízo oral contra Rogelio Martínez por malversación, falsidade documental e fraude.

O 'rei das orquestras' volve ao banco esta semana

Tras varios adiamentos, terá que responder na Audiencia de Pontevedra acusado de varios delitos de evasión de impostos.

O TSXG confirma unha condena contra o Sergas por encadear contratos temporais a nove traballadoras

As sanitarias traballaron "de maneira ininterrompida durante anos", o que revela o "carácter fraudulento dos seus contratos temporais" e faias indefinidas.

Facenda di que detecta menos defraudadores pola crise e non por parálise

A Axencia Tributaria defende que non ten escaseza de persoal porque puido compesar as súas baixas ao ter marxe na taxa de reposición.

Unha operación contra a fraude masiva no Plan Pive alcanza a Lugo

Hai tres detidos e outros dous investigados no marco dunha operación con 75 arrestos en toda España. Vendían a documentación dos vehículos que os propietarios entregaban para despezamento.

Un informe de Facenda asegura que Rato defraudou 6,8 millóns entre 2004 e 2015

A investigación da ONIF sostén que o exministro utilizou varias sociedades en Panamá para defraudar | As rendas non declaradas no IRPF superan os 14 millóns de euros.

O Sergas dá de baixa a enfermeiras os venres e vólveas contratar os luns

O sindicato SATSE puxo este fraude en coñecemento da Inspección de Traballo, que está "a demorar en exceso" o informe sobre a EOXI de Vigo, critican.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress