Moito máis se temos en conta que a pesar de que a moi permisiva lexislación española (Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulación de conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado) establece que os altos cargos públicos que abandonen os seus postos “deben absterse” –durante un período non inferior aos dous anos- “de realizar calquera actividade que garde relación coas responsabilidades exercidas no cargo público anteriormente citado” poucos cumpren ese mandato legal.