documental

A curta do galego Pedro Díaz leva aos Goya unha crítica á soidade

Ademais da Entrega de Díaz, nomeada en ficción, a curta Memoria, da actriz galega Nerea Barros, compite en documental

(TRAILER) Rubén Riós trata de normalizar a parálise cerebral no deporte no seu documental 'Outros camiños'
O director e produtor galego Rubén Riós presentou en Madrid o seu novo documental 'Outros camiños', un traballo que mostra a experiencia de vida de catro persoas con parálise cerebral e a súa relación co deporte.
(VÍDEOS) As rúas de Galicia son un 'Museo a ceo aberto', o documental de sete capítulos sobre arte urbana​
A serie documental 'Museo a ceo aberto' estreou este martes os seus sete capítulos centrados en artistas e colectivos que promoven eventos ligados á arte urbana en Galicia e que reflexionan sobre a capacidade deste para, por exemplo, revitalizar barrios e zonas das cidades galegas.


​(TRAILER) O cineasta Jacobo Lagüela filma á súa avoa durante 8 anos para o documental ‘Julia’

Ao longo de 8 anos, o realizador seguiu intermitentemente a vida da súa avoa, con Vilalba e o rural como escenario e practicamente como protagonistas do documental.A obra podería enmarcarse dentro da corrente do ‘Novo cinema galego’, unha liña na que o peso das protagonistas femininas e a paisaxe cobra unha importancia capital.“A inspiración para realizar este filme chegou cando emigrei.

Premio Manoliño Nguema, o documental que narra a vida dun guineano na Cidade dos Muchachos de Ourense (vídeo)

"Fomos os primeiros negros e a xente flipaba connosco, é que tedes unha cara tan difícil" lembra o artista circense formado na defunta escola do Pai Silva.

​Play-Doc alcanza a súa décimo quinta edición e contará cunha nova sección


As grandes citas do cinema español, europeo e internacional continúan o seu camiño e en abril chega a quenda dun dos festivais máis importantes da Comunidade, o Play-Doc. Nado fai agora quince anos, este festival internacional de documentais volverá recalar na cidade de Tui durante 5 días, do 3 ao 7 de abril, un menos que na edición do ano pasado.

O Teatro Principal de Santiago acolle a proxección de ‘Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas’

O vindeiro luns 8 de abril proxectarase a reportaxe documental ás 20 horas no auditorio compostelán.

'Os rostros de Alcoa': documental contra o peche da planta cos traballadores de protagonistas

O documental 'Os rostros de Alcoa', que recolle os testemuños dos traballadores da planta da Coruña, presentouse este sábado co fin de dar a coñecer a súa loita ante a ameaza de peche da fábrica.

VÍDEO: Estrea dun documental crítico coas agresións ao medioambiente en Galicia

"Redes Contra A Política Do Espolio. Aire, Auga e Terra Limpas". Así se titula o novo documental de Xosé Bocixa, que surante hora e media aborda problemáticas como SOGAMA, a mina deTouro, o vertedoiro de Casalonga, o vertedoiro de Miramontes, as verteduras do Sar, a destilería de Contimunde e a fraga de Catasós.

Un galego dirixe unha cinta con Clint Eastwood, Ennio Morricone e Metallica
O documental 'Desenterrando Sad Hill' estréase este venres 19 de outubro nas salas españolas cunha historia dun grupo de afeccionados á película 'O bo, o feo e o malo', de Sergio leone, que se propoñen recuperar o cemiterio que aparece na cinta e que se rodou nunha localidade burgalesa.
As mariscadoras da ría de Cedeira chegan á pantalla do festival de Málaga (VÍDEO)

'O ceo é o noso teito', curta documental escrita e dirixida por Carlos Cazurro (Valladolid, 1975), foi seleccionada na sección oficial a concurso do Festival de Cinema de Málaga, dentro da súa categoría 'Afirmando os Dereitos da Muller'

Vídeo: Bocixa presenta o primeiro documental sobre o conflito da mina de Touro

Nós Televisión e TingaLaranga Audiovisual presentan este mércores 'Touro O Pino, A ameaza do cobre', unha produción audiovisual de 55 minutos enfocado nesta problemática

Un documental ficcionado recolle a vida de Castelao antes do seu exilio

Estréase este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, presentada polo guionista, Miguel López, e a artista María do Ceo, que pon música á película. 

Chega a Ourense o documental 'Frágil Equilibrio', gañador do Goya

A cinta proxéctase este luns na Casa da Cultura da cidade das burgas con dous pases sucesivos.

"A falta de acceso a medicamentos xa non é un problema exclusivo de países en desenvolvemento"

Varias plataformas sanitarias e o concello da Coruña proxectarán este mércores o documental 'Investigación médica: Houston, tenemos un problema'.

Celso Emilio Ferreiro inaugura un ciclo de documentais sobre autores galegos ilustres

A tvG2 dedicará as noites dos mércores para homenaxear a autores galegos ilustres como Rosalía de Castro, Castelao ou Alfredo Brañas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE