desaparición

Un operativo con drons para buscar á moza de 26 anos desaparecida en Ourense
A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colabora na mañá deste mércores nun operativo de procura dunha muller de 26 anos que foi vista por última vez o pasado 20 de xaneiro en Ourense e cuxa desaparición se denunciou o 6 de febreiro.
Pontevedra maniféstase tras 'oito anos sen Sonia'

Oito anos despois da súa desaparición, a súa irmá, Maricarmen Igrexas, alberga "esperanzas e forzas" para atopar "algún fío do que tirar"

Continúa desaparecido un octoxenario ao que se lle perdeu a pista hai 11 días no Pino

Beis, de 86 anos, está parcialmente calvo e ten un vulto no lateral da cabeza. Ten dificultades para andar e afai levar dous bastóns. En canto á súa vestimenta podería seer escura ou gris.

Localizan en Santiago á peregrina desaparecida en Melide

Dous mozos que acudían ao festival O Son do Camiño localizaron en Santiago de Compostela á peregrina austriaca que desaparecera na tarde deste xoves en Melide.

Localizada en Alacante a desaparecida en Lugo, onde pode ter unha relación

A moza de 22 anos do municipio lucense de Barreiros cuxa desaparición denunciou a semana pasada o seu pai na Comisaría da Policía Nacional de Lugo, ao non saber nada dela desde o xoves, foi localizada en Santa Pola (Alacante) "a través do seu móbil".

A Xunta sobre a supresión das marcas Pastor e Santander: "É un erro da entidade. Debería manterse a marca"

O director xeral de Política Financeira, David Cabañó, avogou por non esquecer "que a decisión final corresponde á propiedade do banco, que tomará as decisións empresariais en función da súa estratexia"

A nena desaparecida escapouse a Suíza, onde vive o seu pai

A Garda Civil atopou  en Suíza a Rocío Juliana N.Z., de 14 anos de idade, que era buscada desde o luns no municipio coruñés de Culleredo. A menor, que se atopa en bo estado, viaxou polos seus propios medios ao país helvético para reunirse co seu pai, segundo informaron a Europa Press fontes da Benemérita.

Reábrese a causa sobre a desaparición de Sonia Iglesias

Distintas fontes xudiciais apuntaron que a reapertura se solicitara fai xa algún tempo

Localizan o cadáver de Diana Quer nunha fábrica abandonada de Rianxo

'O Chicle', principal sospeitoso da investigación, confesou a localización do cádaver tras quedar sen coartada

O rexistro da vivenda do sospeitoso no ‘Caso Diana Quer’ retomarase o domingo

As tarefas relativas ao operativo que busca novas probas ao redor da desaparición da moza reiniciarase á primeira hora do domingo.

A muller de 'O Chicle’ cambia a súa versión inicial: non estivo con el a noite que desapareceu Diana

As tarefas relativas ao operativo que busca novas probas ao redor da desaparición da moza reiniciarase á primeira hora do domingo.

‘O chicle’, principal sospeitoso do 'Caso Diana Quer', estivo na Pobra a noite da súa desaparición

O detido é o presunto autor dun intento de secuestro en Boiro e relaciónaselle coa desaparición da moza madrileña. 

Tratan de reconstruír os últimos pasos de Diana Quer nas festas da Pobra

A investigación segue encallada un ano despois, a pesar do achado e o desbloqueo do móbil, que se consideraba fundamental para avanzar.

Pontevedra lembra este venres os "sete anos sen Sonia" Iglesias

Familia, amigos e compañeiros de traballo convocan unha marcha no aniversario da súa desaparición.

Desaparece do Complexo Hospitalario de Ourense unha nena de sete meses

A investigación apunta a que os pais, de nacionalidade romanesa, poderían ter levado a pequena sen a alta para evitar os trámites.

Aparece en bo estado a muller desaparecida en Marín

Dolores Cosechas, duns 60 anos, pasou a noite nun galpón da zona, preto da súa vivenda.

Localizan en bo estado á moza de 15 anos desaparecida en Culleredo

A menor apareceu na zona de Labañou, na Coruña, xunto a outra moza, Aida Xesto, que tamén figuraba como desaparecida. 

Buscan unha moza de 15 anos desaparecida en Culleredo

A policía cre que a ausencia é "voluntaria" e barallan que poida atoparse na cidade de Ourense

Buscan unha menor de 17 anos desaparecida en Narón

Permanece sen paradoiro coñecido desde este luns, cando o seu pai presentou a denuncia en comisaría. 

Atopan o cadáver dun home desaparecido en Pereiro de Aguiar

A morte puido ser accidental, posiblemente por mor dunha caída, ao non apreciarse signos de violencia. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE