concertos

As Tanxugueiras impulsan a tradición galega coa súa 'Xira Midas' por toda España

AXENDA DE VERÁN AO COMPLETOAs tres galegas comezaron a 'Xira Midas' no mes de marzo e xa teñen a súa axenda cuberta ata setembro.

O PP pide que Abel Caballero deixe de ser teloneiro de todos os concertos de Castrelos

O PP reclama que se dea a oportunidade a artistas e grupos locais de actuar como teloneiros nos grandes concertos do verán

Só os vigueses poderán acceder á zona de pago nos concertos de Castrelos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, declarou a Radio Vigo que en 2019 cambiará o modelo de acceso aos concertos de Castrelos

Os camiños xacobeos volven encherse de música con Voces no Camiño

A segunda edición de Voces no Camiño arrinca o 22 de xuño na Igrexa de San Martiño de Loiro, e busca "poñer voz neses camiños esquecidos da provincia de Ourense"

O Festigal xa ten cartel oficial, e Valtònyc é un dos artistas invitados

A invitación ao rapero, que recentemente fuxiu de España tras ser condenado a tres anos e medo de prisión por enaltecemento do terrorismo e inxurias á Coroa nas súas cancións, realizouse a finais do mes de marzo como mostra de "solidariedade e loita contra o recorte de dereitos democráticos"

Manolo García presenta o seu último disco no Palacio de Congresos de Santiago

O cantante barcelonés Manolo García actuará o vindeiro sábado, día 26 de maio, no Palacio de Congresos de Santiago, escenario no que recalará coa xira de presentación do seu último disco 'La geometría del rayo'.

A Ascensión 2018 arrinca este mércores entre fogos, música e teatro
Iván Ferreiro, Orquestrada, Delaporte ou Os Pekenikes son algunhas das principais ofertas que inclúe o programa das festas da Ascensión 2018, os festexos máis 'picheleiros' que se celebran desde o mércores 9 ata o vindeiro domingo 13.
A música de Maná chega a Vigo o próximo 23 de xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o auditorio de Castrelos acollerá, durante o verán, "dez grandes concertos" gratuítos, e confirmou a actuación do grupo mexicano Maná, o próximo 23 de xullo.

​Sergio Dalma abre en Santiago o 14 de abril a súa nova xira

En xuño tamén ten datas programadas en Vigo e A Coruña.

A Orquestra Sinfónica de Galicia inicia unha nova tempada

Comeza en Vigo coa Sinfonía 'Resurrección' de Gustav Mahler, pero sumará un total de 50 datas.

Catro concertos da Real Filharmonía nunha semana en Santiago

As actuacións celébranse en centros socioculturais da cidade e na Praza de Abastos para chegar a novos públicos.

Abre un novo prazo para sumar salas á Rede Galega de Música ao Vivo

A Agadic, que financia o 85% da programación de case 200 concertos seleccionará, como máximo, 35 locais.

O festival 'Feito a Man', "un pracer de verán" que arrinca este xoves en Santiago

Esta edición ten programados máis de 70 concertos durante o mes de agosto e unha homenaxe especial ao cantante e compositor Narf.

Caxade arrinca en Bueu a tempada da Rede Galega de Música ao Vivo

Durará ata finais de decembro e conta cunha programación de 111 concertos repartidos por 31 salas de 20 localidades galegas.

As Festas de Ourense ofrecerán 21 concertos de artistas "para todos os gustos"

Os veciños poderán gozar das actuacións de artistas como Iván Ferreiro, Carlos Jean, Os Diaños e Sweet California ao longo de nove días e en tres escenarios diferentes. 

Crece o número de compañías de teatro e danza, e abren salas de concertos

As cifras sobre artes escénicas e musicais revelan que en 2016 só os festivais de teatro minguaron en Galicia.

Heredeiros da Crus inicia a xira do seu 25º aniversario en Bilbao

Arrincan fóra de Galicia, con visitas a Barcelona, Madrid e Ponferrada. Anuncian sorpresas para celebrar o seu cuarto de século.

Sés esgota as entradas na Coruña, Narón e Ourense e recala en Vigo

Continúa a xira de presentación do seu novo traballo, 'Opoñerse á extinción", que terá datas en Madrid e Bilbao.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE