CIG-Saúde

CIG-Saúde firma un acordo que asegura que mellorará as condicións de todo o persoal do Sergas

A partir deste acordo a xornada de todo o persoal de sanidade pública reducirase a 35 horas semanais

CIG Saúde, sindicato máis representado no SERGAS, non asina o preacordo de Atención Primaria

A voloración dos nacionalistas non é do todo negativa, pois a central pon en valor as propostas realizadas pola directora de Recursos Humanos. Con todo, o pactado con outras centrais resúltalles insuficiente, entre outros motivos porque o consideran unha simple declaración de intencións, insuficiente para liquidar os problemas que aburan a pediatras e médicos de familia.

CIG-Saúde concéntrase en Santiago por unha Atención Primaria "igualitaria e accesible", dotada de persoal e orzamento

Denunciou que o Sergas só leva a cabo "ocorrencias" e que non actúa porque "facelo sería realizar unha emenda á totalidade ás políticas do PP"

O "retiro dourado" da exconselleira de Sanidade Rocío Mosquera
O sindicato CIG-Saúde reprochou á Consellería de Sanidade a modificación da Lei de Saúde, que supuxo a creación de Estruturas de Xestión Integrada, para "desmantelar" as Xerencias de Primaria mentres manteñen ao mesmo tempo a empresas como Galaria xestionando servizos da área sanitaria de Vigo, acusando á Xunta de asegurar un "retiro dourado" á extitular do departamento autonómico Rocío Mosquera.
Sindicato busca convocar folga en Atención Primaria do SERGAS en maio


Desconvocar a folga en Atención Primaria foi un "erro", admite un dos principais sindicatos do SERGAS 

A CIG asina o documento de carreira profesional pactado co Sergas

"CIG-Saúde recoñece que esta carreira asinada non recolle o 100% das súas reivindicacións, pero cando negociamos sabemos que é moi difícil chegar ao 100%, e pensamos que este documento asinado é un paso positivo para o conxunto das traballadoras e traballadores e para o desenvolvimiento da sanidade pública do futuro"

CESM é o único sindicato que acepta o acordo do Sergas sobre a Carreira Profesional

"Non se viu un xesto suficientemente sensible cara ao persoal interino, que ten longa continuidade", criticou Satse, á vez que lamentou o "refrito de cousas que non aparecían antes" en textos anteriores da Administración. 

CIG-Saúde esixe ao Sergas máis persoal en Atención Primaria

A CIG-Saúde advirte á Consellería de Sanidade que, en caso de non adaptar as prazas de formación "ás necesidades asistenciais", "en breve" o SERGAS non terá persoal "para cubrir a taxa de reposición por xubilación, as quendas de garda ou as ausencias". 

Risco dunha folga de ambulancias

Os problemas derivados dos concursos adxudicados a ofertas moi baixas acumúlanse. Agora os contratistas apertan á Xunta e queren renegociar o convenio, o que á súa vez empeoría as situación de máis de 1.800 traballadores. A CIG, o principal sindicato do sector, non está polo labor de acceder á presión da patronal. A principal empresa, Ambuibérica, pide un recorte de salarios do 25%.

"Axuste orzamentario" como escusa para non pagar a 50 sanitarios de Santiago

A CIG-Saúde pregunta se "o Sergas está tan en bancarrota" como para non ter diñeiro para as nóminas do mes de xuño.

Denuncian "pseudo caciquismo" nas contratacións de radioloxía en Santiago

A CIG-Saúde refírese a que este servizo ten "de man" a determinados técnicos aos que ofrece contratos cando lles correspondería a outros mellor situados nas listas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE