Castelao

Plataformas en defensa do galego, vasco e catalán homenaxean en Santiago a Castelao e a Rosalía de Castro

No acto participou A Mesa pola Normalización Lingüística, Plataforma per a Llengua e Kontseilua.

Castelao e Rosalía recibirán unha homenaxe o 22 de xaneiro en Santiago por entidades galegas, euskeras e catalás

Entidades sociais en defensa do galego, o eúscaro e o catalán participarán o vindeiro domingo 22 de xaneiro nun acto homenaxe ás figuras de Castelao e Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

 

 

 

​O goberno de Galicia quere eliminar a herdanza de Castelao da bancadas

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, considera que a exhibición de bandeiras por parte do público durante os partidos, como a nacionalista galega ou co símbolo deseñado por Castelao de 'Denantes mortos que escravos', choca coa concepción do deporte como "elemento de unión e cohesión social", tachándoas de “incompatibles”.

Arxentina lembra a Castelao a ritmo de muiñeira

Buenos Aires, a outrora considerada ‘Quinta Provincia’ de Galicia, lembrou a Castelao no 69 aniversario da súa morte. O escritor, debuxante e político, unha das figuras máis importantes da cultura galega do S. XX, estivo exiliado en Arxentina, onde faleceu en 1950 no Centro Galego de Buenos Aires.

A homenaxe máis filarmónica a Castelao


Hoxe cúmprese o 69 aniversario do falecemento da figura crave do galeguismo político. Entre as numerosas homenaxes, a Real Filaharmonía prepara un concerto especial con obras de Piazzolla e Stravinsky entre outros 

Sindicato adianta a venda do Centro Galego de Buenos Aires por 50 millóns de dólares

Que vai suceder co histórico patrimonio do Centro Galego de Buenos Aires se unha entidade privada adquire o inmoble? Pronto as administraciónes terán que responder a esta pregunta se se cumpre a previsión adiantada hai uns días por Héctor Daer, secretario xeral da Asociación de Traballadores da Sanidade Arxentina (ATSA).

Castelao e a súa Alba de Gloria en realidade virtual

Mediante realidade virtual se recrea o máis famoso dos discursos do político galeguista, Alba de Gloria, declamado en Buenos Aires durante a posguerra.


A exposición, do Consello da Cultura Galega, profunda nun texto "descoñecido", que cumpre 70 anos, con ferramentas innovadoras

"A Bóveda matouno a ditadura, esquecéuselles poñelo na exposición"

"A Castelao e a Bóveda matounos a ditadura de Franco e o seu caciquismo (esquecéuselles poñelo en algures na exposición)". Este é un das moitas mensaxes críticas no libro de visitas da exposición Castelao Maxistral na Cidade da Cultura. 

Galicia recibe 'A derradeira leición do mestre' con tensión e entre críticas a Feijóo por "manipular" o seu significado
'A derradeira leición do mestre', unha das obras máis simbólicas e recoñecidas do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, chegou para ser exposta en Galicia e na súa recepción na Cidade da Cultura suscitouse a polémica e mesmo se deron momentos de tensión despois do discurso de benvida que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, pronunciou ante o cadro.
A vergoña do Centro Galego de Buenos Aires

Hoxe sabemos que o Centro Galego, extínguese pola mala praxe política dos gobernantes da Xunta e a inacción dos diferentes Gobernos de España.

Castelao chega ao Museo de Pontevedra para quedar

"O pobo galego debe ter a posibilidade de gozar do Álbum Nós despois de tantos anos desaparecido, e de coñecer a historia galega desde a óptica de Castelao que permite reafirmar a nosa cultura propia", declarou o deputado de Cultura Xosé Leal durante a presentación.

'A derradeira leición do mestre' de Castelao chega a Galicia no outono

A obra exhibirase por primeira vez en Galicia no Museo Centro Gaiás no último trimestre, cedida polo Centro Galicia de Bos Aires.

Decenas de persoas reúnense en Buenos Aires en homenaxe á figura de Castelao

O evento tivo lugar este sábado e foi organizado por a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina

Os tres posibles aspirantes a liderar o PSdeG coinciden no acto de Rianxo

Leiceaga, Villoslada e Caballero saudáronse. Adriana Lastra nega que a plurinacionalidade provoque tensión no PSOE.

Adriana Lastra participará na tradicional homenaxe do PSdeG a Castelao

Ferraz envía representación ao acto que os socialistas galegos dedican cada 25 de xullo ao intelectual e político galeguista.

Un documental ficcionado recolle a vida de Castelao antes do seu exilio

Estréase este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, presentada polo guionista, Miguel López, e a artista María do Ceo, que pon música á película. 

Rianxo homenaxea a Castelao no seu aniversario

Cúmprense 131 anos desde o seu nacemento. O alcalde confesa "dificultades" para facer realidade a casa-museo do intelectual e artista.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE