Os universitarios explican a Galiciapress as súas impresións tras a actuación das autoridades para sufocar o botellón improvisado á saída de Roteiro. As imaxes da policía agredindo aos mozos, algún con feridas visibles na cabeza, se viralizaron ao día seguinte. Os mozos reclaman un horario máis amplo para o lecer nocturno, que se flexibilicen as restricións e que deixen de perseguirlles. “Bótennos ás 3, cando estás en todo o alto. Saes de aquí, e que feixes? Segues de festa”.