AVE GALICIA

O rural, o rural tamén existe

Como podemos ver o abandono do rural por un número crecente de familias non é un fenómeno natural froito da modernización  senón que é o "efecto colateral" dunhas políticas públicas que apostan polos intereses do gran capital: si analizamos todas e cada unha das políticas citadas - eucaliptización, hospitocentrismo, privatización de servizos públicos, construción de grandes vías rápidas...- vemos que detrás de todos e cada un dos casos están os intereses das maiores fortunas -propietarios, directivos e accionistas de bancos, fondos de investimento, multinacionais, grandes construtoras....-. Arracando eucaliptos en Tourón  nunha acción de as brigadas deseucaliptazadoras 

Feijóo pediu menos seguridade no AVE para que chegase antes, acusa o Ministro Ábalos, algo que nega a Xunta

"O señor Ábalos é especialista en inventar escusas cando se atopa en problemas. As peticións galegas son claras, están recollidas por escrito e non figura un AVE con sistema ASFA en ningunha delas" , reacciona inmediatamente o Goberno Galego ás duras acusacións do ministro, que chegou a relacionar as supostas présas de Feijóo co accidente do Alvia en Angrois, onde non estaba implementado o sistema de mellor seguridade que si tendra os novos tramos.

Ábalos desafía a Feijóo: "Eu céntrome no AVE e el que se centre coa sanidade e co paritorio de Verín"

O ministro de Fomento responde aos que piden a súa dimisión ao fío da reunión coa viceministra do chavismo que "eu vin para quedarme e non me bota ninguén". Sobre as acusacións de malabarismos con o AVE, lémbralle a Feijóo que o Tribunal de Contas narra como a maioría dos atrasos producíronse na era de Rajoy. 

Non só de AVE vive o tren, lembran a Deputación de Lugo e o Eixo Atlántico
O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Xosé Tomei, saíu en defensa das infraestruturas deste territorio e reivindicou este venres que a provincia "debe de ter os mesmos servizos ferroviarios que o resto de Galicia".
Galicia queda sen tren directo coa Meseta durante dúas semanas polas obras do AVE
Renfe estableceu o transbordo por estrada para servizos comerciais dos días afectados
Os traballadores do AVE protestan ante os constantes abusos

Horas extras sen medida -nun caso máis de 110 ao mes- e continuos accidentes laborais. Esta é a realidade dos obreiros que traballan arreo para que a alta velocidade chegue nos prazos comprometidos. Unhas obras na que morreu este mes un operario, o noveno na historia do AVE a Galicia. Hoxe os proletarios mobilízanse para denunciar a súa precaria situación.

Co de hoxe xa van 9 mortos no AVE mentres "aos políticos o único que lles importa son os prazos"

Como explicou a CIG a Galiciapress esta semana, os obreiros -moitos portugueses- das obras públicas traballan a miúdo en pésimas condicións. Hoxe un novo accidente laboral cobrouse a vida dun operario tras o envorco dun camión. "Aos poderes políticos o único que lles interesa son os prazos", quéixase o sindicato.

Feijóo pide a Sánchez a transferencia da autoestrada que Rajoy vetou durante anos

O PP españól bloqueou no Congreso varias veces que Galicia xestionase a Autoestrada do Atlántico. Os seus orzamentos contemplaban xa un atraso na chegada do AVE. O presidente da Xunta buscará hoxe arrincarlle a goberno do PSOE os avances que o goberno do seu partido non lle concedeu.

​Os orzamentos do Estado prevén un atraso do AVE ata 2025

A programación plurianual que acompaña aos orzamentos que o Goberno de España remitiu ás Cortes prevén o fin do tramo entre a Meseta e Ourense en 2025. A conexión de Ourense con Vigo estaría completa en 2026. Datas sorprendentes, dado que tanto Xunta como Executivo Estatal comprometéronse a que estaría listo, tras moitos atrasos, en 2019. Documento no interior.

En 2018 inauguraranse cinco novos tramos de AVE en España

Un deses tramos pertence ao da Alta Velocidade a Galicia, entre Zamora e Pedralba

Adif avanza na licitación do ramal alternativo entre Taboadela e Ourense

Conectará a liña de alta velocidade co trazado actual ata que estea lista a variante exterior na cidade.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE