A Escola Andaluza de Saúde Pública presentou un estudo onde reflicte que a galega é a segunda comunidade onde menos habitantes reflicten algún tipo de trastorno mental cun 10,3% da poboación, só superado por Estremadura, cun 8,6%. Mentres, no lado oposto sitúase Murcia, co 30,8% da súa poboación afectada dalgún tipo de trastorno mental.