alcalde

O novo alcalde de Baralla promete perpetuar o legado do seu pai
O popular Miguel González Piñeiro foi investido este mércores como novo alcalde de Baralla e prometeu "seguir cos proxectos" que tiña "en mente" o seu pai, o exregidor Manuel González Capón, falecido como consecuencia dunha enfermidade o pasado luns 2 de xullo, tan só tres días despois de presentar a súa dimisión.
Lores afronta o seu sexto mandato máis enfrontado a ENCE que nunca

Defende a necesidade de "adaptarse aos cambios" e "avanzar" e asegura que o traslado de Celulosa (Ence) "aínda está pendente".

Abel Caballero asume o seu cuarto mandato na súa lexislatura con máis poder

Abel Caballero foi investido alcalde de Vigo por cuarta vez consecutiva nun pleno sen sorpresas, no que a súa candidatura recibiu o apoio de 20 edís, fronte ao único edil do BNG, os dous de Marea de Vigo e os catro concelleiros do PP (cada un dos partidos da oposición votou ao seu propio candidato).

Encerrados tres horas no despacho do alcalde de Ferrol

Delegados dos traballadores do Concello de Ferrol encérranse no despacho do alcalde algo máis de tres horas como medida de presión para que Suárez negocie. Acusan de que aínda que o rexedor anima á negociación, esta tornar "nun libro que se chama Código penal".

Antonio Golpe, terceiro candidato nas primarias socialistas

O portavos da executiva do PSOE en Ferrol a anunciará este xoves de forma oficial o seu intencion de presentarse ás elecicones primarias. Compite con Anxo Mato e Germán costoya e o gañador será o elixido para aspirar á alcaldía ferrolá. 

​Os croupier de Barcelona xa están na sala

A partida cara á Alcaldía da capital catalá ha empezado.

Alternativa por Abegondo insta a Feijóo a "esixir" a dimisión do alcalde polo seu procesamento
A concelleira de Alternativa por Abegondo, Fátima Insua, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "nun exercicio de coherencia" esixa a dimisión do alcalde Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, ante o xuízo ao que se enfronta os días 28 e 29 de xuño por un presunto delito continuado de prevaricación urbanística.
O alcalde de Allariz anuncia a súa dimisión tras 18 anos no cargo
O alcalde de Allariz (Ourense), Francisco García Suárez (BNG), confirmou a Europa Press que este venres anunciará a súa dimisión á fronte do Concello do municipio ourensán.
Falece o que foi alcalde de Outes e deputado do PPdeG, Carlos López Crespo
O exalcalde de Outes (A Coruña) e deputado do PPdeG no Parlamento galego esta lexislatura Carlos López Crespo faleceu na madrugada deste luns aos 69 anos de idade vítima dunha enfermidade contra a que loitaba desde facía meses.
Esixen a dimisión do alcalde de Cabana por un presunto delito contra o patrimonio

Distintas asociacións da Costa da Morte consideran a través dun comunicado que “o rexedor popular non pode seguir nin un minuto máis no seu posto”.

O alcalde de Narón presenta a súa renuncia ao cargo para xubilarse

José Manuel Blanco levaba 34 anos en política municipal. Colle o bastón de mando Marián Ferreiro, que era ata agora tenente de alcalde.

Absolto de prevaricación o alcalde da Pobra de Trives

O rexedor levantou en 2014 un pleno extraordinario no que se debatía a súa recusación sen que se chegase a tratar ningún punto.

Falece José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde de Santiago da democracia

O seu mandato durou do 79 ao 81, cando dimitiu porque o Goberno do seu partido, a UCD, non cumpriu unha promesa electoral.

O alcalde de Narón xubílase e deixa o cargo o 23 deste mes

A actual tenente de alcalde, Marián Ferreiro, será elixida alcaldesa no mesmo pleno extraordinario.

O alcalde investigado por explotación de inmigrantes acaba de conseguir unha concesión de bus

A CIG pídelle á Xunta retirar o contrato que asignou á empresa de transporte do rexedor do PP en Xunqueira de Ambía.

O alcalde de Camariñas, inhabilitado 4 anos por prevaricación, avanza que recorrerá o fallo

Asegura "ter a conciencia tranquila" e xustifica a súa "pequena irregularidade" na présa de reparar problemas de inundacións en varias casas. 

Presenta a súa dimisión o alcalde de Negreira, acusado de apropiación indebida

O rexedor, Jorge Tuñas, estaba pendente de que se fixase a data do xuízo oral por non devolver 18 teléfonos móbiles unha vez cesado do seu cargo hai dúas lexislaturas.

PSOE e DO aproban unha petición de dimisión do alcalde de Ourense por "inacción"

O PP reivindica a súa acción e reprocha "manobras" a Jácome | Ourense en Común auséntase do pleno ao consideralo un "circo mediático". 

Ferreiro propón un 'distrito do mar' e un museo na fachada marítima coruñesa

Ve a a cidade "hipotecada" polos convenios de 2004 e lembra a intención do goberno local de impulsar unha consulta cidadá.

O alcalde de Noia xustifica as súas bromas machistas coa "retranca galega"

O PP e os independentes, que pactaron a moción de censura que deu a alcaldía a Freire, rexeitan reprobar as súas manifestacións.  


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE