agresión

Deteñen a un terceiro novo por agredir a outro que tiña a bandeira española en Instagram

A agresión produciuse a mediados de setembro e naquel momento a policía detivo a dous mozos antifascistas.

Agredido un mozo de Ourense por ter a bandeira española no seu perfil de Instagram

A policía detivo os dous acusados pola agresión, que pertenecena a unha peña futbolística de ideoloxía antifascista.

Un mozo agride na Coruña a súa parella e ela trata de impedir que o deteñan

A policía recibiu un aviso de madrugada polos golpes que se oían nunha vivenda. O detido ten 19 anos.

Dous lugueses agrediron cunha arma de fogueo un mozo de 23 anos

Cren que se trata dun "axuste de contas" relacionado coas drogas, porque os agresores teñen antecedentes.

En paradoiro descoñecido un mozo tras agredir a súa parella de 16 anos en Lugo

Rompeulle o móbil e causou danos na vivenda da nai da moza, antes de autolesionarse nun brazo cun coitelo e saír correndo. 

Falece o veciño da Cañiza que foi atacado cunha rozadora

A filla do falecido segue ingresada, aínda que a súa vida non corre perigo

Pasa a disposición xudicial o detido por agredir a dúas persoas cunha rozadora

Os agredidos son un pai, que permanece hospitalizado en estado crítico, e a súa filla, que evoluciona favorablemente. 

En estado de morte cerebral o veciño agredido cunha rozadora na Cañiza

A súa filla, que foi atacada co mesmo aparello, evoluciona favorablemente despois de someterse a unha operación de reconstrución de cara e mans

Detido tras causar desfeitas en Urxencias e ameazar ao persoal do Cunqueiro

Os feitos tiveron lugar na madrugada deste xoves, cando o home chegou en ambulancia ao hospital, para ser atendido por lesións no transcurso dunha pelexa.

Detido un vigués por agredir a súa parella e impedir que chamase á Policía

A muller tivo que acudir ao hospital, con mordeduras nas mans e o tórax. Ao regresar, o agresor estaba a esperala.

Médicos interinos piden "a máxima pena" para o acusado de agredir a un doutor en Fene

Está previsto que este martes se celebre un xuízo rápido en Ferrol no que o presunto agresor enfróntase a penas de cárcere de entre un e catro anos. 

Deteñen a dous mozos de Portas por tentativa de homicidio tras agredir a outro cunha navalla

Consideraban que a vítima roubara diñeiro na casa dos pais dun dos detidos. 

Detido en Pol tras agredir ao seu pai e fuxir campo a través "espido e ensanguentado"

Testemuñas relataron que os homes saíron dun coche cuxa fiestra estaba rota e tras a pelexa o mozo fuxiu e ocultouse nun colector

Prisión provisional sen fianza para o acusado de agredir a dúas persoas cunha catana

O delegado do Goberno en Galicia asegura que se trata de un incidente "puntual" e englóbao dentro da normalidade. 

Ano e medio de prisión por propinar un cabezazo durante un partido de fútbol

O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que solicitaba cinco anos, polo que non chegou a celebrarse o xuízo. 

Detido un vigués por agredir a súa esposa diante do fillo de ambos

Tras un aviso por unha discusión, a muller contoulle á policía local que a agarrara do pescozo e a ameazara.

Unha muller salta dun coche en marcha en Lugo para evitar que a súa ex parella a mate

O agresor puido ser detido horas máis tarde, mentres a vítima tivo que ser levada ao hospital polas lesións.

Detidos dous homes na Coruña por agresións machistas

Un deles chegou a colocarlle á súa parella unha bolsa de plástico na cabeza e a empuxala con forza contra a parede.

Detido en Vigo por insultar, ameazar e darlle unha patada no peito á súa parella

O home de 27 anos xa fora detido no pasado por feitos similares. 

Rompe os retrovisores de tres coches e arremete contra a Policía na Festa da Carballeira

Un dos policías que o detivo necesitou asistencia por feridas en ambas as mans e xeonllos e o outro por unha contusión nunha perna. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE