agentes forestales

26 condutores de quads multados pola Garda Civil en Val Miñor tras "danos sintemáticos" no monte
Axentes da Garda Civil han denunciado a 26 condutores de vehículos todoterreo que circulaban por pistas forestais do Val Miñor (Pontevedra), nove dos cales infrinxiron a lei que prohibe a circulación de vehículos de motor en zona forestal, 15 que quebrantaron o regulamento xeral de condución e dúas por inclumplir o peche perimetral.
Como é posible que celadores acaben realizando labores de Axentes Forestais?
A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Ambientais de Galicia (Aprafoga) denunciou este luns que a Xunta "pretenda duplicar as funcións" destes dous grupos e dos futuros axentes técnicos en xestión forestal para así "enchufar na función pública un colectivo sen titulación específica".
A Xunta declarada culpable da morte dun axente nun incendio

A Xustiza sentencia que Medio Rural non actuou de forma "diligente" ao denegar o cambio de posto a un enfermo do corazón que faleceu dun infarto.

"Tarifa plana" e "coches novos", algunhas das melloras ante unha "inexistente" folga
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, considerou "cubertas" as demandas dos axentes forestais ante a convocatoria de folga no sector. Ao contar cuns servizos mínimos do 100%, non terá efectos prácticos.
Os axentes ambientais deteñen a folga de momento

Tras unha reunión con cargos da Xunta, os axentes ambientais suspenden o seu paro; mentres os axentes forestais seguen con el, pero non poden exercelo na práctica.

Intento a última hora de parar a folga dos axentes que coordinan a extinción de incendios

Os axentes ambientais e forestais xa pararon dous días a semana pasada. Cando está a piques de empezar a folga indefinida, Facenda os chama a unha nova reunión. O segundo destes colectivos coordina a loita contra o lume no monte en numerosos incendios.

Os encargados de coordinar a extinción de incendios avisan de folga indefinida

Os axentes forestais e ambientais levaron a súa folga esta mañá ás rúas de Santiago, advertindo a posibilidade de facela indefinida. O primeiro destes colectivos encárgase de coordinar a loita contra o lume a pié de monte en moitos incendios.

Seguimento masivo da folga dos axentes da Xunta, segundo os organizadores
A folga de axentes forestais e ambientais galegos, convocada por CIG e UXT, está a ter unha participación "mínima" dun 85% no sector de medio ambiente e dun 100% no de medio rural, segundo informaron a Europa Press fontes deste colectivo.
Servizos mínimos "abusivos" na folga de axentes forestais
Os sindicatos CIG e UXT denuncian que os servizos mínimos establecidos pola Xunta para a folga de axentes forestais son "abusivos", ao alcanzar o 100% do persoal, fronte ao 20% marcado para os ambientais.
Os axentes forestais e ambientais convocan folga

Tras anos de protestas, os axentes ambientais e forestais da Xunta dan un paso adiante e convocan varias xornadas de folga. Se non hai avances, o paro podería ser definitivo desde agosto, en plena tempada de alto risco de incendios.

Os axentes advirten que irán á folga en plena tempada de incendios


Tras meses de advertencias e anos de reivindicacións, os axentes forestais e ambientais da Xunta de Galicia dan un paso ao fronte. Se non hai acordo, a partir do 1 de agosto folga indefinida. Unha pataca moi quente para o Goberno, pois moitos deles son os que dirixen a extinción dos incendios forestais.

Os axentes dinlle á consellería que as súas peticións son xustas e esta pídelles "sentidiño"

O que ía ser un acto propagandístico de entrega de material contra os incendios, acabou marcado polas reivindicacións dos axentes forestais e ambientais, que levan anos loitando por mellorar as condicións de traballo dunha postos clave na loita contra o lume.

"Medio Rural mente e manipula a información", din dous colectivos de axentes forestais


Os axentes forestais son un dos activos chave para loitar contra os incendios, pois a miúdo dirixen a extinción en primeira liña. A piques de entrar o verán, a Xunta mantén a estes profesionais ao bordo do conflito laboral e, ademais, moi enfadados coa actitude da administración.

Propón a Xunta unha subida de 2.000€ aos axentes forestais?

O goberno asegura que está a dialogar cos sindicatos para liquidar as reivindicacións deste colectivo. Algo que negan as asociacións profesionais e En Marea, que acusan o goberno de ter paralizada a negociación desde 2017.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE