accidente

Falece un mozo de 25 anos ao impactar co seu coche contra un farol en Vigo
Un mozo de 25 anos de idade, A.G.C., perdeu a vida este xoves tras chocar o coche que conducía contra un farol, na avenida do Aeroporto, en Vigo, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.
Falece un mozo de 25 anos ao impactar o seu coche contra un farol en Vigo; a Policía apunta a xeo na calzada
Un mozo de 25 anos de idade, A.G.C., perdeu a vida este xoves tras chocar o coche que conducía contra un farol, na avenida do Aeroporto, en Vigo, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.
Nai e fillo mortos en saída de vía na autoestrada A-6 en Abegondo, preto do campo do Deportivo (vídeo)
Unha muller de 55 anos e o seu fillo, de 19, faleceron nun accidente de tráfico ocorrido ás 9.48 horas na A-6 á altura de Mabegondo, en Abegondo (A Coruña), segundo informan fontes de Tráfico. Outra ocupante do vehículo, de 18 anos, resultou ferida e que foi evacuada ao hospital nun helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Provoca un accidente triplicando a taxa de alcoholemia e métese na súa cama para durmir
A Policía Local de Lugo localizou na cama do seu domicilio a un condutor que se deu á fuga tras causar un accidente e chocar con outros vehículos antes de abandonar o seu. O home obtivo un resultado positivo que case cuadriplicaba a taxa de alcoholemia permitida.
Descarrila un FEVE en Mañón por un desprendemento na vía e deixa tres feridos
Tres persoas resultaron feridas a noite deste mércores ao descarrilar un tren no municipio coruñés de Mañón tras un desprendemento de noiro.
Unha accidente con conlisión frontal sega a vida dun home de 86 anos e deixa dous feridos en Dumbría
Un home de 86 anos de idade faleceu e outros dous resultaron feridos nun choque frontal no que se viron implicados dous coches na noite do domingo no municipio de Dumbría (A Coruña).
Falece a ocupante dun vehículo tras impactar contra unha cabina da peaxe da AP-9
Unha muller faleceu este sábado cando viaxaba como copiloto nun vehículo que chocou contra unha das cabinas da peaxe de Guísamo, na AP-9 en dirección Santiago-A Coruña.
Peona sácalle 18.000 euros ao Concello de Vigo por romper un dedo nunha beirarrúa defectuosa
O xulgado do contencioso administrativo número 2 de Vigo estimou a demanda dunha muller contra unha resolución do Concello de Vigo, e ordena á administración local e á súa aseguradora que a indemnicen nuns 18.000 euros, polas consecuencias dunha caída que sufriu na vía pública.
O condutor que deu positivo no accidente no que faleceu unha moza, investigado por "homicidio por imprudencia"
O condutor implicado no accidente no que morreu unha moza na madrugada do pasado domingo no municipio do Pino (A Coruña) foi investigado por homicidio por imprudencia.
Falece un camioneiro atropelado na AP-9 cando buscaba as obras da estación de tren
Un camioneiro faleceu na mañá deste martes tras ser atropelado por un turismo en Vigo na entrada da AP-9 pola rúa de Lepando.
Dous bebés entre os oito feridos por un un atropelo múltiple en Vigo
Un total de oito persoas, entre elas dous bebés, resultaron feridas o fío das 20,00 horas deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na Avenida de Fragoso de Vigo, no cal foi atropelada polo menos unha muller.
Morre unha motorista tras chocar cun autobús no Grove (Pontevedra)
Unha motorista de 32 anos faleceu nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores ao chocar cun autobús na entrada do Grove (Pontevedra), cuxos ocupantes resultaron ilesos.
Noite tráxica en Galicia con dous falecidos e sete feridos na estrada
Dúas persoas faleceron na madrugada deste sábado, unha noite que tamén deixa sete feridos, dous deles de consideración, nas estradas galegas nas que se produciron catro accidentes en seis horas.
Falece un condutor en Redondela tras saírse da vía e chocar contra un camión
Un condutor de 39 anos de idade, natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra), faleceu na madrugada deste xoves tras perder o control do seu vehículo e saírse da vía, na N-552 (á altura do número 30 da Avenida de Redondela) na parroquia de Chapela, en Redondela.
Un condutor dá positivo en alcoholemia tras envorcar co seu coche no túnel de María Pita
Un condutor foi denunciado na Coruña por obter resultado positivo na proba de alcoholemia tras verse implicado nun accidente no túnel de María Pita por envorco de vehículo.
Unha colisión múltiple deixa catro feridos en Vigo
Unha colisión entre varios vehículos rexistrada no centro de Vigo saldouse con catro persoas feridas leves, entre as que está o condutor do turismo que ocasionou o choque, e que será obxecto de denuncia por un presunto delito contra a seguridade viaria, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Local.
Un home falece en Verín ao saírse da estrada co seu coche
A saída de vía dun turismo rexistrada na madrugada deste venres no termo municipal de Verín (Ourense) saldouse cun home falecido.
Falece unha octoxenaria atropelada por un ciclomotor en Vigo
Unha muller de 82 anos de idade, E.I.F., natural de Valladolid, faleceu en Vigo como consecuencia das feridas que sufriu ao ser atropelada por un ciclomotor.
Condutora derruba un semáforo, choca contra un edificio e dá positivo no control
Unha condutora derrubou un semáforo e, con posterioridade, ha colisinado contra un edificio nun accidente rexistrado ao redor das 06,45 horas deste venres na Coruña.
Camión cisterna parte en tres nun brutal accidente que causa problemas de tráfico en Santiago
Un accidente debido ao choque dun turismo e un camión rexistrado na mañá deste xoves na SC-20 en Santiago de Compostela saldouse cunha persoa trasladada e dificultou o tráfico rodado na zona.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE