Concertos, presentacións de libros, homenaxes, manifestacións, fogos de artificio ... Santiago asolágase estes días con centos de eventos ao fío da celebración do Día Nacional de Galicia. Tanto que son xa varias as formacións que este 2019 programan os seus eventos fóra de Compostela. Velaquí un resumo, non exhaustivo, do que se coce a nivel de actos políticos nos próximos días.
O partido que cofundó Beiras ao marcharse do BNG enfróntase a unha disxuntiva na que se pode xogar a súa propia existencia. Tras romper En Marea, para as eleccións galegas de 2010 ANOVA debe decidir se seguir apostando por presentarse con Podemos -algo que eludiu nas xerais-, sumarse ao villarismo ou lanzarse a competir en solitario. Do que ninguén fala por agora, polo menos en público, é de volver ao Bloque.
Ademais dos concertos da Banda Bassotti e outras bandas, o campus sur acollerá a presentación de ata 10 novidades editoriais.
Antón Sánchez quita importancia á división: "non ten a transcendencia que se interpreta ou que se lle quere dar".
Nin co Bloque, nin coas forzas políticas que conforman a confluencia, que convocaron polo seu lado os seus respectivos actos.
Ferraz envía representación ao acto que os socialistas galegos dedican cada 25 de xullo ao intelectual e político galeguista.
Tellado reivindica o PPdeG como "o partido que máis se parece a Galicia", ante o busto do ex presidente en Vilalba.
O despregamento de policía adquirirá "unha especial dimensión na cidade de Santiago de Compostela" para evitar posibles "incidentes".
Ana Pontón anima a converter o día 25 de xullo nunha "gran mobilización social" de todos aqueles que "confían en Galicia".