Biólogos da Universidade de Vigo din que o Concello ocultou informes sobre a PXOM na Calzoa
Biólogos da Universidade de Vigo urxiron ás autoridades a garantir a protección ambiental efectiva da praia na desembocadura do río Lagares, coñecida como A Calzoa, na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (#PXOM) de Vigo. Reclamárono nun escrito presentado a través do Concello á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental. Un escrito que din o Concello obviou.
No marco das alegacións á #PXOM, os expertos sinalan a suposta falta de transparencia no proceso. Argumentan que a pesar de presentar alegacións ao Concello de Vigo, os científicos destacan que as súas solicitudes, centradas en cuestións medioambientais e de sustentabilidade, non foron enviadas á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Xunta.
Un dos puntos cruciais resalta a omisión na Declaración Ambiental Estratéxica, onde o complexo Xunqueira do río Lagares-praia de Calzoa, a pesar de ser destacado no borrador da PXOM polo seu elevado valor ecolóxico, é inexplicablemente excluído. Os profesores alertan que a Declaración omite avaliar o seu estado de conservación e a necesidade da súa protección, carecendo da información suficiente e detallada sobre este espazo natural.
A praia da Calzoa conta cunha duna móbil costeira colonizada por Ammophila arenaria, un ecosistema catalogado na Directiva 92/43/#CEE como Hábitat de Interese Comunitario co código 2120. Ademais, esta área é crucial para a distribución do Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), unha especie ameazada contemplada no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
Na desembocadura do río Lagares, un dos poucos humidais gallegso, rexistrouse a presenza de Escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica S.), unha especie en perigo crítico de extinción cun plan de recuperación autonómico. A pesar deste plan, a poboación desta especie segue en tendencia negativa.

O complexo Xunqueira-Foz-Calzoa é un hábitat vital para máis de 100 especies de aves, algunhas das cales están catalogadas no Anexo I da Directiva 2009/147/#CE. A praia da desembocadura do Lagares é esencial para o mantemento da nutria (Lutra lutra L.), un mamífero protexido a nivel comunitario, incluído no Anexo II do Convenio de Berna e nos anexos II e IV da Directiva 92/43/#CEE.
Nas súas solicitudes presentadas á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, os biólogos instan a avaliar o estado ambiental dos areais do estuario do río Lagares. Esta análise busca identificar os factores de impacto negativo para a fauna e os ecosistemas protexidos presentes nesta zona, co fin de tomar medidas correctoras axeitadas e cumprir coa lexislación vixente.
Ademais, os científicos propoñen valorar a necesidade de restauración da Calzoa para mellorar a conectividad do territorio, basear nos obxectivos do plan e solicitando a súa protección debido á súa importancia para a biodiversidade, tanto polas súas características únicas como polo seu papel fundamental como zona de descanso e alimentación para as especies da Rede Natura 2000 adxacente.
En conclusión, os biólogos expresan a súa preocupación pola falta de transparencia no proceso de participación pública. Demandan que este espazo de vital importancia medioambiental non sexa excluído do plan e sexa tido en conta na súa aprobación definitiva. Razoan que resulta incomprensible que A Calzoa, resaltado polos seus valores naturais, quede excluído da revisión, a pesar da indicación específica no propio documento do plan sobre a "necesidade de restauración ecolóxica" deste espazo en particular.
Escribe o teu comentario