Piden máis de 20 anos de cárcere para un home acusado de dous delitos de agresión sexual a menores

Piden 15 e sete anos por senllos delitos, máis outros dous por lesións


|

Audiencia provincial de pontevedra
Arquivo - Audiencia Provincial de Pontevedra

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro xoves, día 2 de febreiro, a un home acusado de dous delitos de agresión sexual a dous menores de 16 anos.

A Fiscalía solicita para o home 15 e sete anos de cárcere por senllos delitos e outros dous anos máis por un delito de lesións. Suman en total 24 anos de cárcere.

 

Nun dos casos, o acusado obrigaría a un mozo a manter relacións sexuais á forza a pesar de estar infectado por en virus do VIH. A consecuencia dos feitos, o menor sufriu unha infección gonocócica que requiriu asistencia sanitaria e seguimento por pediatría.

 

Derivado deste suceso, segundo explica o Ministerio Fiscal, a vítima sofre actualmente un cadro clínico ansioso-depresivo. É por iso que se piden os dous anos de prisión por delito de lesións ademais dos 15 por agresión sexual.


No segundo dos casos, o menor sufriu tocamentos contra a súa vontade. Por iso, o Ministeiro Público reclama tamén unha indeminización de 12.435 euros para o primeiro dos menores polas lesións, case 4.000 euros polas secuelas e 12.000 euros polo dano moral. Para a outra vítima solicítanse 7.000 euros por danos morais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE