Aparecen ósos humanos na beiravía da estrada N-120 en Pereiro de Aguiar (Ourense)

Neste municipio das aforas da cidade de Ourense existe unha prisión e un encoro. Na zona na que apareceron hai tamén un cemiterio


|

CAMBIOSNANACIONAL120 frame 226
Estrada nacional 120 nunha imaxe da Televisión de Galicia 

A Garda Civil e o xulgado de Ourense iniciaron dilixencias para esclarecer a orixe de varios restos óseos humanos atopados o pasado domingo preto da estrada N-120 en Pereiro de Aguiar (Ourense).

Segundo informaron fontes da Comandancia, os ósos foron atopados por unha persoa que estaba a dar un paseo pola zona e que alertou á Garda Civil. Unha dotación desprazouse ao lugar, á altura dos quilómetros 557 da N-120, para acordoar a zona, e deu aviso á autoridade xudicial.

Unha vez feito o levantamento dos restos, que están moi deteriorados e "parecen antigos", os ósos foron trasladado á unidade de antropoloxía forense do Imelga en Verín para a súa análise.

Polo momento descoñécese a orixe deses restos humanos, aínda que fontes da investigación apuntaron que "hai un encoro cerca" e tamén "un cemiterio", e reiteraron que os ósos, en aparencia, "son moi vellos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE